"As mulleres galegas traballan arredor de dous meses ao ano sen cobrar" pola fenda salarial entre mulleres e homes

A conselleira lembrou que o benestar laboral das mulleres e a implantación de plans de igualdade nas empresas constitúe unha das prioridades do seu departamento.

O Instituto Nacional de Estadística (INE) indica que por cada 100€ que cobra un home na comunidade galega, as mulleres reciben uns 80,75€. A pesares de que a desviación salarial (19,25%) sitúa a Galicia en lixeira vantaxe fronte ao 19,50% de media estatal, ao respecto dos traballadores “as mulleres galegas traballan arredor de dous meses ao ano sen cobrar e isto é inaceptable” remarcou a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reivindicou hoxe o rol dos poderes públicos.