domingo. 28.04.2024
A Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal alíase aos sindicatos para mellorar as condicións socio-laborais dos traballadores transfronteirizos

A "case" un paso dun "mercado laboral conxunto" entre Galicia e a Rexión Norte de Portugal

O director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, (GNP, AECT) Nuno Almeida, e o presidente do Consello Sindical Interrexional Galicia – Norte de Portugal, (CSI) César Campos, asinaron este luns en Vigo, un protocolo de cooperación co principal obxectivo de ir da man en todo aquilo que redunde na mellora do diálogo social e nun achegamento á cidadanía da Eurorrexión, nomeadamente no relativo aos temas que afecten á mellora das condicións socio-laborais dos traballadores transfronteirizos galegos e portugueses.

O director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, (GNP, AECT) Nuno Almeida, e o presidente do Consello Sindical Interrexional Galicia – Norte de Portugal, (CSI) César Campos, asinaron este luns en Vigo, un protocolo de cooperación co principal obxectivo de ir da man en todo aquilo que redunde na mellora do diálogo social e nun achegamento á cidadanía da Eurorrexión, nomeadamente no relativo aos temas que afecten á mellora das condicións socio-laborais dos traballadores 
transfronteirizos galegos e portugueses.

A cerimonia tivo lugar na sede da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, en Vigo, e nela participaron tamén o presidente de turno da Eurorrexión e da CCDR-Norte, António M. Cunha, e o director Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, ademais medio centenar de representantes sindicáis e empresariais da Eurorexión. 

Nuno Almeida afirmou que “con este protocolo pecha-se o círculo que comezou em 2022 cos axentes sociais da Eurorrexión, cando se asinou un primeiro protocolo coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG); a seguir, outro coa Confminho (empresários do Norte de Portugal) e hoxe coa representación conxunta dos sindicatos de Galicia e do Norte de Portugal”.

O director da AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal avanzou que “para continuar este traballo cos actores do diálogo social –empresarios e sindicatos-, imos criar un grupo de traballo no que estaremos con empresarios e sindicatos da Eurorrexión, e tamén co EURES Transfronterizo, coa intención de traballar nun borrador dos contidos mínimos que debe ter o Estatuto do Traballador Transfronterizo”, destacou Almeida.

O Estatuto do Traballador Transfronteirizo é unha vella reclamación que a Eurorrexión presenta, ano tras ano, ao Cumio Ibérico. No ano 2021, os Estados Español e Portugués o consideraron “prioritario” no Cumio que celebraron en Trujillo, sen que teñan avanzado nada nel.

Do protocolo asinado hoxe entre a AECT da Eurorrexión e o Consello Sindical Interrexional Galicia – Norte de Portugal sae igualmente o compromiso de colaborar no eido da Formación Profesional, tanto no eido da Formación Profesional dual como intentando impulsar a homologación das distintas titulacións.

ALGÚNS DATOS

A Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal concentra máis do 50% do tráfico de vehículos de toda a fronteira hispano lusa. Contamos con máis de 13.000 traballadores transfronteirizos (o que supón o redor do 80% de todos os traballadores transfronteirizos rexistrados ao longo da fronteira hispano portuguesa).

O principal activo da Eurorrexión é a súa poboación activa (datos do 1 semestre de 2023) que totalizan 3.109.600 traballadores, 1.860.700 do Norte de Portugal e 1.249.900 de Galicia, dun total de 6,3 millóns de persoas. Cun aumento de 41.400 activos relativamente a 2022.

O Estatuto debe ter como finalidade principal mellorar as condicións de traballo e en especial a mobilidade dos traballadores transfronteirizos, o que é a mellor garantía para incrementar as súas oportunidades de acceso a empregos de calidade e dar cobertura ás ofertas de traballo das empresas de Galicia e do Norte de Portugal.

A "case" un paso dun "mercado laboral conxunto" entre Galicia e a Rexión Norte de Portugal
Comentarios