martes. 25.06.2024

Xornada de patrimonio material e inmaterial da emigración galega a Portugal (séculos XVIII-XX)

A Xornada de’ patrimonio material e inmaterial da emigración galega a Portugal (séculos XVIII-XX). A solidariedade e cooperación transfronteiriza na Raia Seca’ vai celebrarse o 16 de novembro, organizada pola sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega coa colaboración da secretaría xeral de Emigración da Xunta de Galicia. A xornada vai ser coordenada por Nieves Amado e Hortensio Sobrado.

ANDRÉS DIZ DOMÍNGUEZ.

Galicia conta cunha historia migratoria de varios séculos. Porén, a historiografía galega prestou pouca atención e tardou bastante en interesarse pola investigación da emigración galega a Portugal. Este fluxo migratorio consolidouse fundamentalmente desde o século XVIII e tivo continuidade ata os anos 60 do século XX, pero é pouco coñecido pola sociedade galega actual.

Trátase dunha emigración alimentada principalmente por motivos económicos, pero tamén políticos, froito dos exilios na primeira metade do XIX, o que levou a milleiros de galegos ao outro lado da Raia, a terras portuguesas.
Nun marco interdisciplinario, nesta xornada reúnense especialistas dun lado e outro da fronteira (historiadoras/es, filólogas/os, etnógrafas/os, profesionais da comunicación audiovisual etc.) para reflexionar sobre a traxectoria histórica da emigración galega a Portugal, a difusión e valorización dos múltiples elementos do patrimonio material e inmaterial ligados á dita emigración, así como as ricas relacións de solidariedade e as seculares achegas e intercambios de carácter cultural, económico e social xurdidos froito da cooperación transfronteiriza na Raia Seca.

Participan: Domingo Luis González Lopo, Camilo Jesús Fernández Cortizo, Aurora Botão do Rego, Carlos Pazos-Justo, Hortensio Sobrado Correa, Nieves Amado Rolán, Andrés Diz Domínguez, José Rodríguez Cruz, Miriam González, Iris Justo, Andrea Pérez e Padre Lourenço Fontes.

Xornada de patrimonio material e inmaterial da emigración galega a Portugal (séculos...
Comentarios