jueves. 13.06.2024

O decreto que regulará a carreira investigadora na administración galega é pioneiro no ámbito estatal

A directora da Axencia Galega de Innovación informou de que a futura norma, que pecha hoxe o prazo de exposición pública a través do Portal de Transparencia, ofrece un marco profesional estable e atractivo garantindo a estabilidade laboral deste persoal, definindo unha senda de desenvolvemento profesional e mellorando e homoxeneizando as condicións laborais. Ademais, impulsa a actividade investigadora en Galicia ao fixar o marco para as contratacións futuras a través dun sistema que busca a excelencia.
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey. ARQUIVO.
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, compareceu esta mañá no Parlamento de Galicia para explicar a futura norma.

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, compareceu esta mañá ante a Comisión 6ª do Parlamento de Galicia para informar sobre o proxecto de decreto que regulará o estatuto do persoal de investigación na Administración xeral da Comunidade e nas súas entidades instrumentais. Segundo apuntou Argerey, trátase dun estatuto pioneiro no ámbito estatal, xa que non existe ningunha outra Comunidade Autónoma que regule a carreira investigadora nos centros públicos. Tan só as Illas Baleares e Valencia posúen unha normativa que regula a carreira investigadora no ámbito exclusivo da sanidade.

A directora da Axencia Galega de Innovación informou de que a futura norma, que pecha hoxe o prazo de exposición pública a través do Portal de Transparencia, ofrece un marco profesional estable e atractivo garantindo a estabilidade laboral deste persoal, definindo unha senda de desenvolvemento profesional e mellorando e homoxeneizando as condicións laborais. Ademais, impulsa a actividade investigadora en Galicia ao fixar o marco para as contratacións futuras a través dun sistema que busca a excelencia.

Este proxecto de decreto -apuntou Argerey- responde ás demandas do colectivo de persoal investigador e dá cumprimento aos acordos unánimes do Parlamento de Galicia sobre o impulso da carreira investigadora. Para iso, aproveita a oportunidade que abre a reforma da Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación -que establece a necesaria estabilización pero non crea unha carreira- para regular desde o eido autonómico aspectos moi relevantes do réxime do persoal investigador que facilitarán a captación, retención e atracción de talento.

No seu proceso de redacción, o proxecto de decreto foi analizado con todos os colectivos afectados co obxectivo de recoller as características e singularidades de todos os centros e ámbitos sectoriais e acadar o máximo consenso ao redor da norma. Así mesmo, analizouse a futura norma con investigadores de referencia, colectivos representativos e organizacións sindicais.

Unha vez pechada a fase de exposición pública, a Xunta de Galicia analizará as achegas recibidas para valorar a oportunidade de incorporalas ao texto e continuará cos trámites administrativos requiridos. Finalmente, elevarase para a súa aprobación no Consello da Xunta e entrará en vigor tras a súa publicación no DOG esta primavera.

Este completo modelo de carreira investigadora, ademais de permitir a mellora das condicións do persoal de investigación e do persoal técnico, fortalecerá a investigación que se realiza nos centros públicos de I+D posibilitando consolidar as capacidades de Galicia en sectores estratéxicos como a biotecnoloxía, a saúde, as ciencias mariñas ou o agrogandeiro, entre outros.

Ademais, facilitará a mobilidade do persoal fomentando así a súa formación, a colaboración entre o tecido investigador e o tecido empresarial e o desenvolvemento de actividades empresariais por parte do persoal de investigación.s

O decreto que regulará a carreira investigadora na administración galega é pioneiro no...
Comentarios