lunes. 29.04.2024

A Xunta de Galicia acaba de resolver o programa de Proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística correspondentes ao curso 2022/2023, coa selección de oito centros que destacan polas súas propostas innovadoras para o fomento do uso da lingua galega, sobre todo entre a mocidade.

A comisión de selección valorou especialmente os proxectos en función do seu interese educativo, da súa contribución ao incremento do uso da lingua, á eliminación de prexuízos lingüísticos entre a comunidade educativa e á posta en valor do galego como lingua de interese e con proxección de futuro para a mocidade. Así mesmo, tivo en conta as propostas específicas de atención á diversidade e as medidas para fomentar os valores democráticos, en especial a igualdade, entre outros criterios.
Os cinco centros seleccionados como excelentes reciben unha dotación económica de 2.000 euros. Ademais, o profesorado implicado activamente no desenvolvemento de cada un dos proxectos seleccionados recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante. No caso do de Mención de Honra, os docentes participantes no proxecto reciben unha certificación de accésit.
O obxectivo desta iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades é animar o profesorado a desenvolver accións que revertan positivamente na dinámica lingüística habitual do centro escolar e xeren melloras permanentes na práctica docente e na realidade do ensino.

 

Listaxe de centros

Proxecto

Centro

Concello

Provincia

Musigalíza-te

CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto

(Premio de Innovación Educativa)

Boqueixón

A Coruña

Rachando roles

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

(Premio de Innovación Educativa)

Ferrol

A Coruña

IES Ricardo Carvalho Calero

(Premio de Innovación Educativa)

Ferrol

A Coruña

CEIP A Solaina

(Premio de Innovación Educativa)

Narón

A Coruña

Comer e ler en galego

CIFP Paseo das Pontes

(Mención de honra)

A Coruña

A Coruña

A literatura galega á escena

IES Martaguisela

(Premio de Innovación Educativa)

O Barco de Valdeorras

Ourense

Luces, cámara... A falar!

IES Ramón Cabanillas

(Premio de Innovación Educativa)

Cambados

Pontevedra

3, 2, 1... Acción!

CEIP Plurilingüe de Reboreda

(Premio de Innovación Educativa)

Redondela

Pontevedra

 

Oito centros recoñecidos polas súas accións innovadoras de fomento do uso da lingua galega
Comentarios