sábado. 27.04.2024
Campioa da Copa Galega 2022 e 3ª por equipos no Campionato Junior Internacional e de España de Raid en 100 quilómetros

Yara Iglesias trouxo para Mos un bronce por equipos e unha sexta posición inividual

Yara Iglesias anunciou durante a recepción os seguintes retos aos que se enfrontará, consistentes en outras dúas competicións internacionais. A primeira, o II Raid Hípico de Brión, celebrarase o vindeiro 11 de febreiro, e Yara participará na proba de 100 quilómetros, só en categoría individual. Se logra clasificarse en Brión, acoderá no mes de abril en Pol (Lugo), ao Campionato Internacional e de España de Raid en 120 quilómetros; onde correrá nas categorías individual e por equipos.
Yara tivo no Concello de Mos unha recepción na súa honra, na que estiveron presentes a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal, e demais membros da Corporación Municipal.

A mosense da parroquia de Dornelas, Yara Iglesias, segue a conseguir triunfos xunto co seu cabalo Apolo. O pasado mes de outubro, concretamente o sábado 15, Yara e Apolo lograron o 6º posto individual e 3º por equipos no Campionato Junior Internacional e de España de Raid, na proba de 100 quilómetros. A competición celebrouse na localidade sevillana de Carmona, de onde Yara trouxo para Mos un máis que merecido bronce por equipos e unha sexta posición inividual.

Ademais, Yara tamén se erixiu Campioa de Galicia da Copa Galega 2022 na proba de 60 quilómetros, título polo que foi galardoada na Gala da Federación Galega de Hípica celebrada na Coruña.

Por todo isto, e para desexarlle moita sorte nos vindeiros compromisos deportivos que xa ten programados, esta tarde realizouse no Concello de Mos unha recepción na honra de Yara, na que estiveron presentes a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal, e demais membros da Corporación Municipal.

Yara Iglesias anunciou durante a recepción os seguintes retos aos que se enfrontará, consistentes en outras dúas competicións internacionais. A primeira, o II Raid Hípico de Brión, celebrarase o vindeiro 11 de febreiro, e Yara participará na proba de 100 quilómetros, só en categoría individual. Se logra clasificarse en Brión, acoderá no mes de abril en Pol (Lugo), ao Campionato Internacional e de España de Raid en 120 quilómetros; onde correrá nas categorías individual e por equipos.

Cómpre destacar que Yara adestra soa, non conta con adestradores nin preparadores deportivos. É ela mesma quen prepara os seus propios adestramentos, algo que leva sendo así desde que comezou na disciplina de Raid (en xullo fará dous anos que competiu por primeira vez nesta modalidade.

Cando compezou no mundo da hípica, Yara Iglesias iniciouse na competición en saltos, onde si contaba con adestrador; pero desde que se pasou ao Raid adestra por libre. O que lle dá, se cabe, aínda máis mérito aos seus logros.

Sobre ela Nidia Arévalo, rexedora local mosense, declaraba hoxe que “estamos orgullosísimos da nosa mosense Yara Iglesias e do seu cabalo Apolo, e encantados de celebrar o 6º posto individual e 3º por equipos coa Selección Galega de Hípica que conseguiu no Campionato Junior Internacional e de España de Raid na proba de 100 quilómetros; e o título de Campioa da Copa Galega de Raid 2022 en 60 quilómetros”. Así mesmo, Arévalo desexoulle a Yara, de 17 anos, que “continúe a brillar sobre Apolo como o está a facer ata o de agora”.

Yara Iglesias trouxo para Mos un bronce por equipos e unha sexta posición inividual
Comentarios