O presidente da Deputación apoia ao BM Porriño na final da European Cup.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este sábado no pavillón municipal do Porriño ao emocionante partido de ida da final da European Cup de balonmán feminino. Acompañado polo deputado e alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, López quixo mostrar o seu apoio ao conxunto local, o BM Porriño, que se enfrontou ao equipo islandés Valur nun dos encontros máis importantes do balonmán feminino europeo a nivel continental.