Tui homenaxeará a case un centenar de deportistas

Gustavo Rodríguez, tras gañar a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Toquio coma guía de Héctor Catalá. ARQUIVO.
En total ao longo destas dez edición son recoñecidos 106 deportistas galardoados, 43 honoríficos pola súa contribución ao deporte tudense e 139 os deportistas internacionais que recibiron unha distinción. Amais da tradicional entrega de premios, a gala contará coa actuación musical da Big Band do Conservatorio Profesional de Música de Tui, proxeccións de diversos vídeos homenaxe e máis sorpresas.

Tui volverá a contar coa súa anual Gala do Deporte que permitirá homenaxear e recoñecer o labor de clubs, institucións e deportistas destacados da cidade. O evento, que terá lugar mañá venres ás 20.30h no Teatro Municipal de Tui, será se cabe aínda máis especial xa que esta gala será a décima edición.

Neste caso, farase un recoñecemento aos premiados deste ano 2022 e tamén do 2021 e 2020 co serán preto dun centenar as persoas as galardoadas.