miércoles. 09.10.2024

Sofía Carballo proclámase subcampioa de España Júnior en 100 braza

No encontro congregou aos principais nadadores e nadadoras estatais, destacou o papel de Sofía Carballo que se proclamou subcampioa de España Júnior en 100 braza, parando o crono na mellor marca galega da súa idade. Un logro que xa repetira a xornada anterior, onde marcaba a mellor marca galega nos 50 braza. 
A nadadora do CN Ponteareas Sofía Carballo proclámase subcampioa de España Júnior en 100 braza 01
A nadadora do CN Ponteareas Sofía Carballo proclámase subcampioa de España Júnior en 100 braza 01

Nova rolda de éxitos para o Club Natación Ponteareas, que participou esta fin de semana no XXII Campionato de España Open Absoluto – XXXVIII Campionato de España Júnior celebrado na localidade malagueña de Torremolinos, onde as e os catro deportistas do equipo ponteareán amosaron un alto nivel de forma que promete unha interesante segunda parte da tempada.

No encontro, que congregou aos principais nadadores e nadadoras estatais, destacou o papel de Sofía Carballo, que se proclamou subcampioa de España Júnior en 100 braza, parando o crono na mellor marca galega da súa idade. Un logro que xa repetira a xornada anterior, onde marcaba a mellor marca galega nos 50 braza. Uns resultados na competición grazas aos que Carballo pasa a obter o recoñecemento e a formar parte do Grupo de Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN).

A nadadora do CN Ponteareas Sofía Carballo proclámase subcampioa de España Júnior en 100 braza 02

No aspecto individual, o resto de deportistas acadaron varias finais júnior que se saldaron con moitas das mellores marcas persoais dos nadadores e nadadoras en diversas probas. Ademais, o equipo de remudas femininas que participou no 4x100 estilos remataron en cuarta posición, con récord do club incluído.

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, quere trasladar os seus parabéns a Sofía Carballo e a todas e todos os nadadores do club polo gran nivel amosado na competición e durante toda a tempada. “Os nosos mozos e mozas téñennos moi acostumados a acadar grandes éxitos e temos que recoñecerlles e apreciar todo o trabalo que hai detrás, toda a ilusión e todo o esforzo”, salientou.

Sofía Carballo proclámase subcampioa de España Júnior en 100 braza