martes. 15.10.2024

A pasada fin de semana celebrouse en Cantabria o TOP TTR solares en distintas categorías, onde catro nenos salvaterrenses volveron destacar facendo unha brillante competición.

As irmáns Eva e Inés Lemos, acadaron a Prata feminina en dobres sub-13, sendo Inés 3ª no individual e Eva 5ª. Se xa de por sí ten mérito, o ten aínda máis xa que ambas participaban en categorías superiores.

28-08-23_Bádminton 2
 

No caso de Pablo e Alba Fernández, tamén irmáns, chama a atención a precocidade deste neno, xa que logrou sendo sub 9, un 2º posto en dobres masculino formando parella con Álvaro Gómez, ademais dun bronce no Individual sub 11.

No caso de Alba, se ben é certo que non puido pasar da fase de grupos no apartado individual, acadou un 4º posto no Dobres Mixtos xunto a Gabriel Isorna, que lle da moito mérito a súa actuación

Catro nenos salvaterrenses volveron destacar facendo unha brillante competición en...
Comentarios