O Porriño Industrial convenia co Concello

María Gracia Paniccia, presidenta do Porriño Industrial, acompañada de Mario López, coordinador de fútbol base, asinou hoxe co concelleiro de Deportes, David Alonso.

María Gracia Paniccia, presidenta do Porriño Industrial, acompañada de Mario López, coordinador de fútbol base, asinou hoxe co concelleiro de Deportes, David Alonso, o acordo de axuda municipal para este club consistente nunha subvención de 60.000 euros. 

O Porriño Industrial conta con 15 equipos, dos cales 5 son femininos, e un total de 261 licenzas.

O importe da achega municipal ao Porriño Industrial destinarase ao mantemento dos equipos base así como a sufragar parte dos gastos do equipo da Liga Nacional Xuvenil, mentres que o equipo da Rexional Preferente segue agardando a que se adopte unha decisión coa competición, condicionada polas restricións anti-Covid.

Neste ano 2021, o Concello do Porriño adica un total de 476.000 euros en subvencións aos principais clubs do municipio.