viernes. 26.04.2024

A Xunta de Galicia amplía a súa colaboración co Club Baloncesto Breogán cun convenio asinado entre o club lucense e a Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo para promocionar o Xacobeo 21-22. Grazas a este acordo os xogadores lucirán na roupa deportiva da Copa do Rei e da Liga Endesa o logotipo da campaña do Ano Santo; así mesmo, incorporan o logo do Xacobeo en elementos da equipación oficial, acompañando no equipamento da Copa á letra do himno galego que se pode ler en marca de auga.

Este convenio estará vixente durante o resto da tempada 2022 e inclúe ademais publicidade do Xacobeo no Pazo dos Deportes. O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou na mañá do martes ao equipo tralo último adestramento antes de viaxar a Granada para presentar este acordo de colaboración e destacou que “o Breogán é o mellor representante do Xacobeo e dos valores do Camiño, o esforzo e o tesón para alcanzar unha meta”.

Nova colaboración co Breogán