25 de febrero de 2022, 0:18
Magnus Cort Nielsen é maillot amarelo como líder da clasificación xeral da proba ciclista O Gran Camiño tras o remate da primeira etapa entre O Porriño e Vigo, que atravesou varios tramos do Camiño Portugués.
A Xunta apoia esta celebración na que se promoverá a marca Galicia como destino seguro e o Xacobeo 21-22 polo seu impacto para dar a coñecer os recursos turísticos da comunidade e o Camiño de Santiago co obxectivo de atraer a turistas e peregrinos de todo o mundo neste Ano Santo. A proba atravesa as catro provincias e percorre distintos tramos do Camiño de Santiago.