sábado. 07.12.2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das semifinais das eliminatorias polo título da Liga Guerreras Iberdrola, a división de honra do balonmán feminino nacional, entre o BM Porriño e o BM Elche.

Unha mostra do apoio do goberno provincial ao equipo porriñés, que está a facer historia esta tempada ao clasificarse entre os catro mellores equipos do país e aspirar por primeira vez na súa historia a conseguir o título de liga; e do compromiso da Deputación de traballar para promover e darlle ao deporte feminino a visibilidade que merece.

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño
Comentarios