lunes. 09.12.2024

Un total de 31 medallas foi o balance total das medallas logradas polo atletismo galego nos distintos Campionatos de España desenvoltos durante este ano no Aire Libre.

Entre os mesmos, destacan os resultados logrados na categoría Sub16 nas que as nosas e nosos representantes voltaron de La Nucía cun total de dez metais (seis ouros e catro pratas) así como con vinte postos de finalistas, un récord de España e tres récords de Galicia. Nesta campionato púxose de manifesto a excelente nova xeración de atletas que veñen pisando moi forte no noso deporte e que auguran un importante e ilusionante futuro.

Novas promesas de futuro

Entre as chamadas e chamados a liderar esta nova etapa, salientamos a progresión do atleta Alex Sierpes do Atletismo Trega que dende fai anos ven medrando dunha maneira moi importante nas distancias de fondo. No pasado campionato de España Sub16 de aire libre, remataba unha extraordinaria tempada que o conducían ata o máis alto do podio nacional na proba dos 1.500 obstáculos e onde con anterioridade, xa fora tamén campión de España de campo a través e dos 3.000 m. en pista cuberta. Por si fora pouco, o rexistro efectuado en La Nucía de 4:12.15 supuxo nada menos que a consecución dun novo récord de España que certifica a súa gran calidade.

Sen abandoar as distancias de fondo, Sabela Castelo postulouse ao longo desta tempada como unha das nosas máis importantes valores de futuro. A do San Miguel de Marín comezaba a tempada  moi forte co título de campioa de España de campo a través ao que se lle sumaban títulos nacionais nos 3.000 m. tanto na pista cuberta como no aire libre logrando ademáis, encabezar o ranking nacional con 9:44.85 e aventaxar en máis de doce segundos á segunda clasificada.

Outro dos sectores que conta cunha importante canteira é a dos lanzamentos onde de maneira igual veñen progresando moi destacadamente os atletas Mar Simón do Celta e Hugo Casañas do Rías Baixas.

Mar Simón foi unha das atletas que protagonizou no campionato de España Sub16 a fazaña de lograr nada menos que dous títulos nos concursos de disco e martelo o que a converteron nunha das protagonistas da edición de La Nucía. A galega residente en Suiza, remata este treito de tempada encabezando o ranking nacional das dúas modalidades o que a sitúan nos focos de atención a nivel nacional.

Non menos futuro é o que presenta Hugo Casañas. O excelente lanzador en idade Sub16,  está amosando as súas excelentes aptitudes para estas modalidades que xa o levaron na tempada invernal a lograr o subcampionato de España no concurso de peso. Na tempada de aire libre, e continuando ca súa progresión, proclamábase campión estatal na súa modalidade favorita, a do disco, poñendo o broche de ouro cos récords galegos en ambas disciplinas. Por último, lograba o liderado claro do ranking nacional en disco quedando a escasos centímetros do de peso.

Non queremos deixar por alto outros importantes nomes que veñen progresando de maneira moi importante como é o caso de Javier Picos. O atleta coruñés do Marineda, lograba este ano os récords galegos dos 600 m. tanto de pista cuberta como de aire libre o que lle permitiron acadar o campionato de España o pasado mes de xuño logo de que por apenas un suspiro, se lle escapara o de pista cuberta. Sen lugar a dúbidas, unha máis que xusta recompensa a un atleta que remata o ano liderando nada menos que o ranking nacional dos 600 m.

De igual modo foron tamén moi salientables as excelentes tempadas protagonizadas polas promesas do noso deporte como son Sabela Martínez da Gimnástica, Debris Paniagua de O Pino, Iria Solera de La Purísima ou Celia Fernández do Riazor Coruña entre outras.

Non queremos rematar este breve resumo, sin por en valor o gran traballo levado a cabo polas adestradoras e adestradores así como polos clubs, verdadeiros artífices e constructores deste gran e ilusionante futuro.

Ilusionante canteira no atletismo galego
Comentarios