sábado. 27.04.2024

A III Liga Territorial de Saltos trae o domingo a Mos o Trofeo Xunta de Galicia de Hípica

O vindeiro domingo o evento hípico, no que se prevé unha participación de sobre 150 deportistas e os seus cabalos, dará comezo sobre ás 10:00 horas. E contará coas seguintes modalidades: 0.30, 0.50, ponis (A-B-C), 0.80, 1.00 e 1.20.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes mosense, José Areal, o Vicepresidente da Federación Galega de Hípica, Gonzalo Autran Castel, José Manuel Freire Piñeiro, Coordinador de Deporte Escolar da Xunta de Galicia e representantes do mosense Club Hípico JC.

Esta mañá presentouse no salón de sesións do Concello de Mos, o Trofeo Xunta de Galicia de Hípica Xogade 2023 da III Liga Territorial de Saltos, do que Mos será sede este vindeiro domingo.

Deste xeito o Club Hípico JC de Mos será a sede da terceira Liga Xogade de Saltos de Obstáculos 2023 o próximo domingo 30 de abril.

Asistiron á presentación de hoxe no Concello a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes mosense, José Areal, o Vicepresidente da Federación Galega de Hípica, Gonzalo Autran Castel, José Manuel Freire Piñeiro, Coordinador de Deporte Escolar da Xunta de Galicia e representantes do mosense Club Hípico JC.

O vindeiro domingo o evento hípico, no que se prevé unha participación de sobre 150 deportistas e os seus cabalos, dará comezo sobre ás 10:00 horas. E contará coas seguintes modalidades: 0.30, 0.50, ponis (A-B-C), 0.80, 1.00 e 1.20.

O horario será ininterrompido de 10 a 18.30 horas e daranse cita máis de 130 saídas a pista nas distintas probas.

A III Liga Territorial de Saltos trae o domingo a Mos o Trofeo Xunta de Galicia de Hípica
Comentarios