jueves. 02.05.2024

Equina Galicia abrirá mañá as portas da súa novena edición no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, converténdose un ano máis nun dos eventos ecuestres máis destacados de todo o país.

Esta cita, organizado pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA) coa colaboración da Fundación Semana Verde de Galicia, contará cun atractivo programa ao que os asistentes terán acceso libre, xa que a entrada será de novo gratuíta.

O evento terá como eixo principal o IX Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, o cal volveu a conseguir para esta edición a categoría tres estrellas, a máxima a nivel nacional. A Real Asociación Nacional de Criadores de Caballos de Pura Raza Española (ANCCE) concedeulla de novo pola súa excelente evolución, organización e infraestruturas do recinto.

Participante en el Concurso Morfofuncional en Equina Galicia 2022. ARQUIVO.
Participante en el Concurso Morfofuncional en Equina Galicia 2022. ARQUIVO.

Esta competición, que inclúe tanto morfoloxía como funcionalidade, contará coa participación de 51 destacadas ganderías, a maior cifra ata o momento, as cales proceden non só da maioría de Comunidades Autónomas españolas, senón tamén doutros oito países, como son EE.UU, Nicaragua, Costa Rica, México, Italia, Francia, Bélxica e Alemaña. Un salto cualitativo que se debe ao recoñecemento que o certame gañou nos últimos anos e que supón que Equina estea na axenda de ganderías estranxeiras que teñen cabalos competindo en España, os cales participan a través de presentadores nacionais para puntuar de cara ao Campionato do Mundo.

En total participarán máis de noventa exemplares de pura raza española, superando a cifra da pasada edición, cando foran algo máis de oitenta, e converténdose no segundo campionato de España en número de animais participantes. Unha importante presenza que permitirá a Equina Galicia cumprir un dos seus principais obxectivos, dar a coñecer a importancia da gandería ecuestre e xerar interese no mundo do cabalo.

Esta proba, que se levará a cabo durante os tres días de Equina, será clasificatoria para a final do Campionato do Mundo, a cal se celebrará en Sevilla do 28 de novembro ao 3 de decembro, no marco do Salón Internacional de Pura Raza Española (SICAB).  Será emitida en directo a través da canle da internet de ANCCE para todos os países con presenza do Libro Xenealóxico PRE, podéndose ver as probas en tempo real.

MAIS COMPETICIÓNS, ESPECTÁCULO E CONFERENCIAS

Ademais do concurso morfofuncional, esta cita ecuestre contará con outras competicións de gran relevancia e tamén interesantes actividades centradas no mundo do cabalo.

Participantes en Equina 2022. ARQUIVO.
Participantes en Equina 2022. ARQUIVO.

En canto ás primeiras, o 29 de xullo acollerá tres concursos centrados na doma clásica, os cales volveron a superarse en número de participantes, xa que coas inscricións aínda abertas xa rexistran cifras récord no número de binomios (cabalo e xinete ou amazona) confirmados, 58 ata o momento.  Entre elas estarán o V Trofeo Xunta de Galicia-Medio Rural de Doma Clásica, a XXV Copa Accega e o Territorial.

Equina Galicia incluirá ademais unha proba oficial da Copa Galega de Enganches o domingo 30 de xullo.

Por outra banda, o evento ten programadas o 29 de xullo actividades de bautismo hípico para iniciar aos máis pequenos e tamén un espectáculo de carrusel. Sumarase unha interesante conferencia sobre "Aplicacións da Xenómica no Programa de Cría do PRE e beneficios para o gandeiro. Grupo Operativo EQUIGENOM", a cal será impartida Pedro J. Azor, subdirector do Libro Xenealóxico do PRE e director técnico do Programa de Mellora da Real Asociación Nacional de Criadores de Cabalos de Pura Raza Española (ANCCE).

Esta entidade tamén contará cun stand no que atenderá a todos os gandeiros que o soliciten, asesorándoos coa xestión de calquera servizo de ANCCE, do Libro Xenealóxico (LG PRE ANCCE) e do Programa de Mellora da Pura Raza Española (PRE).

A Equina Galicia máis internacional
Comentarios