domingo. 13.10.2024

Enduro Cidade de Tui Trofeo Ibérico Eurocidade

Unha das novidades desta edición será a saída dende o céntrico Paseo da Corredoira a partir das 14 h, e onde dende ás 9.00 h estará situado o aparcamento pechado.  Así o explicaron esta mañá na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o presidente e o vocal do Motoclub Randufe, Adolfo Pereira e Iago Araujo, respectivamente, e o director técnico da proba e representante da Liga Galega de Moto de Campo, Javier Quintas.
160 participantes do máis alto nivel, destacando a presenza de Steve Holcombe sete veces campión do Mundo.
160 participantes do máis alto nivel, destacando a presenza de Steve Holcombe sete veces campión do Mundo.

Este sábado, 30 de abril, celébrase o XII Enduro Cidade de Tui Trofeo Ibérico Eurocidade en memoria de Moncho Martínez. Unha proba deportiva espectacular que reunirá en Tui a 160 pilotos de alto nivel entre os que estará  Steve Holcombe, sete veces campión do Mundo, xunto a outros destacados pilotos nacionais e internacionais que unha semana despois competirán no Mundial de Enduro en Lalín. Non faltarán á cita os galegos Pedro Gonzalo, Román Pérez ou Abel Carballés.

Unha das novidades desta edición será a saída dende o céntrico Paseo da Corredoira a partir das 14 h, e onde dende ás 9.00 h estará situado o aparcamento pechado.  Así o explicaron esta mañá na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o presidente e o vocal do Motoclub Randufe, Adolfo Pereira e Iago Araujo, respectivamente, e o director técnico da proba e representante da Liga Galega de Moto de Campo, Javier Quintas.

Así o alcalde, Enrique Cabaleiro, sinalaba que Tui xunto á promoción cultural “outro dos grandes valores engadidos que ten é a práctica de moitísimas modalidades deportivas”. Nese senso indicaba que “estamos enlazando case todas as fins de semana eventos de tipo cultural con eventos de tipo deportivo” o que concluía “fala moito e ben das potencialidades deste concello.  Amosaba o rexedor a gratitude e o recoñecemento ao traballo que levan feito dende o Moto Club Randufe “para que Tui sexa un dos referentes nun ámbito dunha práctica deportiva que ten moitísimos seguidores". Remataba cunha invitación a presenciar a proba, amosando o seu convencemento en que traerá de novo moitos visitantes a Tui.

Pola súa parte o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, destacaba esta mañá na presentación que “esta é unha proba moi ben organizada, segura e cunha participación alta e de calidade”. Salientaba tamén o edil que será unha edición moi especial ao ser memorial Moncho Martínez, e amosaba a súa gratitude ao Moto Club Randufe por apostar por este tipo de probas. Lembraba que o Enduro forma parte do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença, e destacaba coma tamén o sábado se celebra dentro deste calendario o RAID TT de Jeeps da Eurocidade en Valença.

Dende o club organizador, o Moto Club Randufe, o seu presidente Adolfo Pereira salientaba coma esta “é unha proba moi lonxeva que forma parte do Campionato Galego” engadindo que “estamos moi comprometidos con esta proba que é moi valorada e querida polos pilotos e pola afección”. Iago Araujo, vocal do club detallaba os case 100 quilómetros de percorrido que terán que realizar os e as pilotos cunha especial “Catro Camiños” e outra “Arquipedra” xunto a  dúas trialeiras “Rocky Road” e “Gr” e avanzaba coma no tríptico editado recollen códigos coas localizacións para que o público poida disfrutar dos distintos tramos. A entrega de premios realizarase ás 21.30 h en Chan do Carrasco, onde estarán tamén as asistencias.

Javier Quintas, o director técnico da proba e representante da Liga Galega de Moto de Campo, destacou que este é un eduro “impactante pola alta calidade dos pilotos” coa presenza dun referente internacional e lenda do deporte coma Steve Holcombe, pero tamén con outros destacados pilotos nacionais e internacionais, xunto aos galegos. Afirmaba que “están todos os condicionantes para ter unha proba de moi alto nivel” e destacaba a Especial do aserradoiro coma espectacular.

O XII Enduro Cidade de Tui Trofeo Ibérico Eurocidade está organizado polo Motoclub Randufe e a Liga Galega de Moto de Campo, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Motociclismo. Este evento forma parte do Calendario Deportivo da Eurocidade e está confinanciado polo programa operativo Interreg Valença-Tui.

Enduro Cidade de Tui Trofeo Ibérico Eurocidade