sábado. 12.10.2024

Esta tarde celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos a recepción aos boxeadores do clube mosense CKM de Mos Laura, Agustín, Álex e Manuel, que o pasado mes de decembro erixíronse campións e subcambións galegos, respectivamente, de boxeo. Durante o acto homenaxe os deportistas estiveron acompañados pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de deportes mosense, José Areal, e demais membros da Corporación Municipal.

O CKM de Mos conta con dous novos campións galegos de boxeo e dous subcampións. O Campionato Galego tivo lugar no Concello de Outes os pasados días 10 e 11 de decembro e os púxiles mosenses gañaron os pases ás finais:

- Laura 'ZURDITA' Fernández venceu a Bea Mendoza ós puntos, proclamándose así Campioa Galega do Peso Welter.

- Agustín Táboas venceu ao púxil Coruñés do clube Zapata por KO técnico no primeiro asalto, proclamándose Campión Galego do Peso Medio.

- Álex Castro, un dos boxeadores máis veternanos do CKM perdeu a final ós puntos nun combate igualado contra Juan Luis del Río do SKT, proclamándose así Subcampión Galego do Peso Welter.

O adestrador do clube, Juan Alonso, asegura que no mes de febreiro farase a revancha en Noia con vendaxe duro na categoría de Neoprofesional.

- E por último Manuel Ruíz quedou Subcampión Galego escapándoselle a final ós puntos contra o boxeador de Arousa Manuel Xabier.

Sen dúbida os resultados falan por si sós, e o CKM de Mos segue logrando campións.

O clube mosense CKM 'crea' campións de boxeo
Comentarios