martes. 14.05.2024

Novamente Cantones 2021 rematou cun enorme éxito deportivo. Nada menos que dezaseis atletas baixaron dos rexistros das marcas mínimas impostas pola World Athletics para tomar parte nos Xogos Olímpicos de Tokio: 1h:21 minutos e 1h:31minutos en homes en mulleres, respectivamente.

DOUS CAMPIÓN OLÍMPICOS

Tanto Maurizio Damilano (Italia) como Raúl González (México), lendas vivas do atletismo mundial, estiveron na Coruña e, entre outras, participando na recepción oficial do concello. Os dous destacaron non soamente o alto nivel deportivo da proba senón tamén o esmero organizativo.

DESAFÍO DA ORAGNIZACIÓN

Un dos desafíos que tivo que afrontar Cantones 2021 foi asumir que esta competición é unha das primeiras internacionais organizadas en Galicia, tras a aparición do COVID-19, con todo o que implica.

INCERTEZA NAS VIAXES

Mantívose a incerteza ata o último momento coa chegada dos atletas á Coruña, xa que, como consecuencia da política sanitaria de España con algúns países, non se deron visados nalgúns casos. Por exemplo, unha parte do colectivo de atletas brasileiros ou o medallista no mundial de Doha, o ruso Vasily Mizinov, non puideron viaxar.

SEGUIMENTO

Houbo emisión en directo, por streaming, habilitada pola organización, con preto de 2.000 seguidores no momento en que o español Diego García, decidiu atacar para acadar o seu primeiro triunfo en Cantones. Ás poucas horas xa foron mais de 17.000 visualizacións que se rexistraron.

PÚBLICO CORUÑÉS

Pero tamén a proba foi seguida por gran cantidade de público no mesmo circuíto dos Cantones. En ningún momento, debido ao excelente comportamento dos asistentes e as indicacións feitas pola organización, houbo perigo de contaxio.

SEN CONTAXOS

A presencia de máis de 30 países, entre atletas e xuíces árbitros, obrigaron a extremar todas as medidas de seguridade. Na mesma mañá do sábado se realizaron tests de antíxenos a todos os participantes, sen que se constatara ningún resultado positivo.

O LEMBRADO JORDI LLOPART

Durante a celebración da proba, Concello e Federación entregaron ao irmán de Jordi Llopart, Moisés, unha placa en recoñecemento e admiración a súa importantísima traxectoria atlética e divulgativa desta modalidade.

FIGURAS EMERXENTES

Na categoría feminina o triunfo foi para á marchadora colombiana, gañadora dos Xogos Panamericanos do 2019 en Lima e 5ª nos mundiais de Doha, Sandra Lorena Arenas quen fixo un rexistro de 1h.28:24. Tras dela e completando postos de podio entraba a mexicana Alegna González con 1h.28:40 e a brasileña Erika Rocha a vinte segundos da gañadora da proba, quen engadía outro novo podio que suma ao do ano 2015 no que foi terceira e a do 2017 no que foi segunda.

Nos homes o español, subcampión europeo, Diego García proclamábase gañador desta edición, logrando un rexistro de 1h.19:37 e dobregando ao medallista de bronce no último mundial, o sueco Perseus Karlstrom, por sete segundos. A terceira posición foi para o tamén marchador hispano e campión europeo Álvaro Martín quen lograba entrar na liña de meta nun tempo de 1h.19:59

ACTUACIÓN GALEGA

A primeira galega foi Carmen Escaríz quen lograba un meritorio rexistro de 1h.39:36, MMP. Antía Chamosa pola súa banda era descualificada mediada a carreira polo que tería que abandoar a competición.

Pola súa banda, o galego Daniel Chamosa acabou no posto 34º, mellorando amplamente a súa MMP ao rematar cun tempo de 1h:24.15.

VALORACIÓN FINAL

Dende o concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo valoran de forma moi positiva esta nova edición de Cantones, en especial polas difíciles condicións no entorno da COVID-19. Nos vindeiros días está prevista unha xuntanza para analizar todo o proceso organizativo, extraer conclusións e aportar melloras para o 2022.

Cantones, 16 atletas baixaron dos rexistros das marcas mínimas impostas por la World...