viernes. 06.12.2024

O atletismo galego compite en solidariedade

En Galicia, teñen sido non poucas as probas organizadas específicamente con fines solidarios xunto ás cales tamén xurdiron un gran número de iniciativas que de maneira indirecta, aproveitaron á competición para as súas accións solidarias. Así as carpas informativas, exposicións, obradoiros, conferencias e mesmo concertos musicais, poidéronse ver en numerosos eventos deportivos.
ONG AGA-Ucraína.
ONG AGA-Ucraína.

É moita a actividade competitiva que cada ano se inclué no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo. Segundo datos oficiais, esta ano foron máis de catrocentas as probas as que se desenvolveron ao longo da nosa Comunidade nas distintas modalidades de pista aire libre, pista cuberta, campo a través, trail e ruta.

Esta ampla oferta, que cada ano conta con máis probas de recente creación, estase convertendo nun excelente medio para dar a coñecer e concienciar á cidadanía sobre as distintas campañas solidarias, humanitarias ou sociais que buscan no noso deporte un medio útil para os seus propósitos.

En Galicia, teñen sido non poucas as probas organizadas específicamente con fines solidarios xunto ás cales tamén xurdiron un gran número de iniciativas que de maneira indirecta, aproveitaron á competición para as súas accións solidarias. Así as carpas informativas, exposicións, obradoiros, conferencias e mesmo concertos musicais, poidéronse ver en numerosos eventos deportivos.

A guerra de Ucraína e a igualdade, protagonistas das reivindicacións

Precisamente este ano a invasión de Ucraína por parte de Rusia, foi motivo para que distintos colectivos denunciasen a situación e procederán á recadación tanto de alimentos como de fondos destinados ao pobo ucraíno. Outro dos aspectos nos que máis se incide, son aqueles que gardan relación ca igualdade e a violencia de xénero, sen esquecer ás distintas campañas que centran na saúde o seu punto de atención.

Algunhas das probas solidarias deste 2022 foron:

  • En Pereiro de Aguiar, ¨I Carreira e Andaina da Muller¨
  • En Ferrol, ¨IX Carreira Popular AECC en marcha – Contra o cancro, corre por Ferrol”; ¨III Carreira Contra a Violencia de Xénero¨; ¨I Carreira Solidaria Pola Seguridade Vial¨.
  • En A Coruña, ¨X Carreira Popular Torre de Hércules #QUERÉMONOS VIVAS¨;    ¨A Coruña en Marcha contra o Cancro¨
  • En Santiago, ¨II Cros Solidario en favor da Investigación de Duchenne e Becker¨; “Unha tarde con Samuel”; ¨VIII Carreira Camiño das Letras¨; ¨Carreira e Andaina Camiñando polo dano cerebral¨.
  • En A Pobra, ¨I Carreira Solidaria Móvete pola Diabetes¨.
  • En O Pino, ¨Carreira e Andaina Popular 5K. pola igualdade¨.
  • En Narón, ¨I Carreira da Muller¨.
  • En Curtis, ¨III Carreira - Andaina Popular e Solidaria Axuda contra o Cancro 11K¨.
  • En Pontevedra, ¨IX Milla Solidaria ANEDIA¨.
  • En Vilamartín de Valdeorras, ¨Carreira e andaina das ciudades contra o Cancro de páncreas¨.
  • Arbo, ¨I Carreira pola igualdade – Contra a violencia de xénero¨.
  • Vigo, ¨VI Trofeo Solidario de Nadal Celta de Atletismo¨.

O atletismo galego compite en solidariedade
Comentarios