jueves. 25.04.2024

A Selección Uruguaia de Remo está concentrada até o mes de outubro no CETD de Remo de Tui.

Baixo a dirección técnica de Osvaldo Ruben Borchi os integrantes do combinado nacional, Zoe Dáne Acosta, Bruno Cetraro, Felipe Kluver, Martín Nicolas Zócalo, Leando Joaquín Rodas e Newton Eric Seawright, prepararán en Tui a regata clasificatoria para os Xogos Olímpicos de Tokio 2021.

Está mañá foron recibidos na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, e representantes dos cinco grupos presentes na corporación municipal: Jose Ramón Magán do PSOE, José Ángel Fernández do PP, Pilar Besada de C’s, José Martínez Tato do BNG, José Manuel Palacín de C21 e Laureano Alonso de En Marea.  Estivo tamén presente Manuel Ángel González, presidente do Club Remo do Miño, e Jesús González, remeiro tudense do Remo do Miño.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, trasladou aos integrantes da selección uruguaia a súa gratitude por ter elixido Tui para os seus adestramentos. Indicou o rexedor que é un orgullo para a cidade poder contar co equipo aquí, nun municipio no que a práctica do deporte, e sobre todo do remo e do piragüismo son unha “sinal de identidade” e contan cunha “tradición moi arraigada”. Referiuse tamén Enrique Cabaleiro aos lazos culturais compartidos entre galegos e uruguaios froito da emigración galega a ese país.

O concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, destacou que para os deportistas tudenses é unha experiencia única poder compartir xornadas de adestramento e convivencia coa selección nacional que está a preparar a súa clasificación para os Xogos Olímpicos.  Ao tempo expuxo o apoio do concello durante os dous meses de estadía na cidade.

O presidente do Club Remo do Miño, Manuel Ángel González, indicou que dende o remo local tentarán aproveitar esta oportunidade e aprender desta experiencia. Pola súa parte o remeiro Jesús González, explicou que é unha honra para o club, para Tui e para Galicia poder contar coa selección nacional adestrando na cidade.

Osvaldo Ruben Borchi, adestrador da Selección Uruguaia de Remo, salientou na súa intervención as características das instalacións e o excelente trato recibido. Así manifestaba que “isto é un paraíso”.

A Selección Uruguaia de Remo prepararán en Tui a regata clasificatoria para os Xogos...