martes. 30.04.2024
Fomenta o debate e a reflexión sobre temas de actualidade

A Xunta e Galaxia convocan a XXIII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na rolda de prensa en que se presentaron as bases da XXIII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, convocado pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia coa colaboración de Caixa Rural Galega. O obxectivo deste certame, que homenaxea a figura deste intelectual, é impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre en lingua galega, así como fomentar o debate e reflexión arredor dos temas varios do noso tempo.

Durante a súa intervención, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades salientou “a gran cantidade de autores en lingua galega que este certame impulsou e apoiou durante máis de 20 edicións, como é o caso de Xosé Antón Cascudo, premiado o pasado 2022 e cuxo libro, A mística na feminidade en Mad Men, temos hoxe entre as mans para presentarlle ao público”.

Este traballo, do que o xurado valorou a súa aposta polo ensaio desde a análise semiótica do audiovisual máis icónico, trata de desvelar as conexión entre a serie de televisión Mad Men, ambientada no Nova York dos anos 60, e o ensaio de Betty Friedan The Feminine Mystique (1963), texto clave do feminismo. No acto, que tivo lugar no compostelán Pazo de San Roque, tamén participaron Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia; Jesús Antonio Méndez, director xeral de Caixa Rural; Armando Requeixo, crítico literario e membro do xurado, e Xosé Antón Cascudo, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2022.

DEBATE E REFLEXIÓN

As persoas interesadas en participar na nova edición deste certame poderán enviar as súas obras orixinais, que deberán ser inéditas e escritas en lingua galega, por correo certificado á Editorial Galaxia ata o 1 de outubro deste ano.

A decisión do xurado farase pública en decembro e a persoa que resulte gañadora recibirá un premio de 3.000 euros, ademais da publicación do traballo dentro da colección ‘Ensaio’ de Galaxia. As bases completas poden consultarse no Portal da Lingua Galega.

A Xunta e Galaxia convocan a XXIII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio
Comentarios