martes. 15.10.2024

Xulio Fontes transforma Forxán con arte mural mentres as súas creacións loitan por visibilidade

Xulio Fontes, artista de Quintela de Leirado, realiza intervencións pictóricas nos muros de Forxán, sorprendendo veciños e visitantes. Porén, as autoridades municipais non facilitan a visibilidade das súas obras ao colocar contedores de lixo diante delas.
A arte de Xulio Fontes en Forxán, oculta detrás dos contedores, agarda pola visibilidade que merece no espazo público.
A arte de Xulio Fontes en Forxán, oculta detrás dos contedores, agarda pola visibilidade que merece no espazo público.

Xulio Fontes, artista plástico ourensán de Quintela de Leirado, a pesar de residir en Vigo, nunca deixa de visitar Forxán, onde está a deixar a súa pegada creativa nos muros do lugar, nas saias do Penagache. As súas intervencións pictóricas en forma de murais sorprenden tanto aos veciños como aos que chegan de fóra a Quintela de Leirado.

Porén, as autoridades municipais non prestan atención a estas intervencións no eido rural, situando os contedores do lixo diante das pinturas, a pesar de haber espazo suficiente arredor para dar máis visibilidade a estas creacións que tanto sorprenden e para respectar o traballo do artista. Fontes, que ten como berce este mesmo lugar, xa realizara intervencións plásticas nos postes da luz do Concello, sendo eloxiado nos medios de comunicación e por persoas sensibles á arte e á natureza no contexto rural.

Xulio Fontes transforma Forxán con arte mural mentres as súas creacións loitan por...
Comentarios