XII Ciclo de Música de San Martín de Barcia de Mera

Barcia de Mera es un enorme pazo abacial con adornos arquitectónicos que reflejan una probable influencia azteca, como parece ser por el atlas y los remates que coronan su fachada barroca.

O director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe á inauguración do Ciclo de Música de San Martín de Barcia de Mera, que este ano celebra a súa duodécima edición adaptado á actual situación sanitaria. Trátase dun amplo programa de música clásica que se desenvolverá ata o mes de setembro na igrexa barroca da parroquia de San Martiño de Barcia de Mera, no concello pontevedrés de Covelo.

A xa tradicional cita cultural, que cada ano atrae ano a máis público para gozar da música clásica nunha contorna única, celebra este ano unha edición diferente debido a crise sanitaria. Tanto é así que o ciclo tivo que adiar a súa inauguración, inicialmente prevista para abril, acortando o número de recitais e adoptando novas medidas de seguridade sanitaria.

Trátase dun ciclo de concertos que, segundo o representante da Xunta, “permite converter o templo de Barcia de Mera nun punto de encontro para os afeccionados á música clásica, pero tamén favorece que outra xente poida realizar un primeiro achegamento a estas obras, ás que non sempre foi fácil o acceso”

Concretamente, a edición inaugurada hoxe conta con seis concertos que se celebrarán ao longo de catro meses e que contan coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo. Así, o recital de hoxe correu a cargo do Trío Schubert que interpretou pezas dos compositores Franz Schubert e Ludwig van Beethoven. Continuarase o 11 de xullo con Atlantic Mozart Flute Quaret e, o día 18, co Dúo Basso alla Moda. Xa en agosto actuarán na igrexa de Barcia de Mera o Cuarteto Claretino (día 15) e o grupo Vox Stellae con O Caso Aleotti. Os encargados de clausurar o ciclo, o 19 de setembro, serán o Trío Contreras.