domingo. 13.10.2024

Afundación, a Obra Social de ABANCA, Lunwerg Editores e o Concello de Sada inaugurarán mañá venres, 28 de agosto, ás 12.00 h, a exposición de imaxes do recoñecido fotógrafo Philippe Plisson, 'Vivir o mar'. Na presentación estarán Óscar Benito Portela Fernández, alcalde de Sada; Paola Mondaca Gónzalez, concelleira de Cultura; María Nogareda Marzoa, concelleira de Educación; Breogán Blanco González, concelleiro de Promoción da Saúde; Rebeca Mouriño Neira, concelleira Participación Cidadá; José Ulfe Bugallo, director de Zona Betanzos - Eume de ABANCA; Javier Álvarez Sotelo, director oficina de ABANCA en Sada; José M. Vilariño Orgeira, coordinador Institucional A Coruña de ABANCA; Beatriz Aler López, responsable de Afundación zona A Coruña.

«Vivir o mar», que se poderá contemplar, ata o 13 de setembro, a pé de rúa, na praza Suárez Picallo, trasladando, deste xeito, a cultura aos espazos abertos, componse dalgunhas das pezas máis icónicas asinadas por Plisson nas que se recollen imaxes mariñas de todas as latitudes. Esta homenaxe ao medio mariño, e a todas aquelas persoas cuxo medio de vida depende del, ilustra tamén o compromiso da Obra Social de ABANCA coa promoción dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, en concreto, o 14 (Vida submarina), o 13 (Acción polo clima) e o 4 (Educación de calidade).

'Vivir o mar', a nova mostra a pé de rúa chega a Sada