jueves. 05.12.2024

Anxo Angueira, poeta e Presidente da Fundación Rosalia de Castro, estivera horas antes no MARCO de Vigo, xunto con Xosé Ramón Pena e Aser Álvarez, os tres expertos  e amigos do escritor de Vilanova dos Infantes, Xosé Luis Méndez Ferrín, nesta ocación para presentar  a Enciclopedia  Ilustrada  Ferrín Arraiano, coordinada por Aser Álvarez  igoalmente da raia o mesmo que se define como contrabandista cultural.

Durante o acto, o filólogo, escritor e estudioso da literatura galega,con berce, en Manselle, terras de Dodro e a pouca distancia da Casa da Matanza, recitou o poema  "Arnoia", acto no que  manifestou tamén que Ferrin é dono dun río, igual que Rosalia de Castro e a dona do Sar".

Un poema  que se pode ler no volume  "Poesía reunida", que recolle desde os primeiros  poemarios  e outros escritos ao longo da carreira de  Xosé Luis Méndez Ferrín inclusive  "Voces na néboa" que chegou a costear o autor, o mesmo que ainda  está a tempo de recibir o Premio Nóbel de Literatura.

En horas recentes na Escola de Artes e Oficios de Vigo, presentóuse  o volume  "Poesía reunida" , na Escola de Artes e Oficios de Vigo , un emotivo acto no que participaron, Fran Alonso, director de Xerais e o lingüista, Xosé  Henrique Costas, así como  tamen estaban  na sala Moncha Fuentes e Oriana, muller e filla do escritor Xosé Luis Mendez Ferrín, xa que o escritor non sae da casa. Tamén se mencionou a posibilidade de que o escritor aínda teña tempo de recibir o Premio Nobel.

IMG20241118193109
Na presentación estivo Fran Alonso, director de Xerais, Anxo Angueira (centro) e o lingüísta, Xosé Henríque Costas (dta). M. ESTÉVEZ.

 

Vigo celebra a obra de Méndez Ferrín con dúas novas publicacións
Comentarios