Un total de 247 centros escolares participan no programa Clubs de Lectura neste curso 2019-20

Trátase dunha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que ten por obxectivo impulsar o hábito lector, mellorar as habilidades sociais e a aprendizaxe.

O programa Clubs de Lectura impulsado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional chega este curso a 247 centros escolares de toda Galicia e a aproximadamente 12.700 alumnos.

O programa vai dirixido a centros públicos titularidade da consellería que imparten ensinanzas de ESO, Bacharelato, FP ou de réxime especial. Por provincias, do total de participantes neste curso, 105 centros pertencen á provincia da Coruña, 37 centros á de Lugo, 25 á de Ourense e 80 á provincia de Pontevedra.

A iniciativa, que forma parte do Plan Lía de Bibliotecas escolares, ten como obxectivo impulsar o hábito lector, mellorar as habilidades sociais e a aprendizaxe desde o espazo da biblioteca escolar de cada centro.

Para tal fin, a Consellería destina un total de 220.000 euros a este programa cunha asignación por centro que se destina, fundamentalmente, á adquisición de libros para as actividades do club de lectura (que posteriormente pasarán a formar parte dos fondos da biblioteca) e para outros gastos derivados do seu funcionamento.

Estes clubs actúan como grupos de dinamización a prol da lectura nas comunidades educativas e como ámbitos de aprendizaxe de competencias clave para a vida. Asemade, ao implicar a diferentes membros da comunidade, son espazos para a convivencia e a educación cidadá; ao tempo que son útiles para incorporar á lectura a mozos e mozas con pouco interese por este hábito. Estanse demostrando, así mesmo, útiles para mellorar a autoestima e as habilidades sociais e de lectura do alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe.

Por outra banda, nestas reunións adoitan introducirse as tecnoloxías da comunicación e a lectura dixital, así como as relacións con outros clubs, con bibliotecas públicas ou con entidades culturais do entorno máis próximo.

Provincia da Coruña

CentroConcelloProvincia
IES de ViósAbegondoA Coruña
IES do MilladoiroAmesA Coruña
IES Plurilingüe de AmesAmesA Coruña
CPI As MirandasAresA Coruña
IES de PastorizaArteixoA Coruña
IES de SabónArteixoA Coruña
IES Manuel MurguíaArteixoA Coruña
IES de ArzúaArzúaA Coruña
IES As MariñasBetanzosA Coruña
IES Francisco AguiarBetanzosA Coruña
CPI Armando Cotarelo ValledorBoimortoA Coruña
IES BriónBriónA Coruña
CPI As RevoltasCabana de BergantiñosA Coruña
IES Plurilingüe Pedra da AguiaCamariñasA Coruña
IES Afonso X O SabioCambreA Coruña
IES David BujánCambreA Coruña
IES Isidro Parga PondalCarballoA Coruña
IES Monte NemeCarballoA Coruña
IES Cabo OrtegalCariñoA Coruña
IES Lamas de CasteloCarnotaA Coruña
IES Punta CandieiraCedeiraA Coruña
IES Agra de RaícesCeeA Coruña
IES Fernando BlancoCeeA Coruña
CPI Plurilingüe O CruceCercedaA Coruña
CPI Alcalde Xosé PichelCoristancoA Coruña
EOI da CoruñaCoruña, AA Coruña
EPAPU Eduardo PondalCoruña, AA Coruña
IES A SardiñeiraCoruña, AA Coruña
IES Agra do OrzánCoruña, AA Coruña
IES Fernando Wirtz SuárezCoruña, AA Coruña
IES MonelosCoruña, AA Coruña
IES Monte das MoasCoruña, AA Coruña
IES Plurilingüe AdormiderasCoruña, AA Coruña
IES Plurilingüe ElviñaCoruña, AA Coruña
IES Plurilingüe Eusebio da GuardaCoruña, AA Coruña
IES Plurilingüe Rafael DiesteCoruña, AA Coruña
IES Ramón Menéndez PidalCoruña, AA Coruña
IES Salvador de MadariagaCoruña, AA Coruña
IES Urbano LugrísCoruña, AA Coruña
IES Eduardo Blanco AmorCulleredoA Coruña
IES Rego de TrabeCulleredoA Coruña
IES Universidade LaboralCulleredoA Coruña
EPAPU de TeixeiroCurtisA Coruña
IES de CurtisCurtisA Coruña
CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo BaleirónDodroA Coruña
CPI A XunqueiraFeneA Coruña
IES de FeneFeneA Coruña
EOI de FerrolFerrolA Coruña
IES CanidoFerrolA Coruña
IES Concepción ArenalFerrolA Coruña
IES de CataboisFerrolA Coruña
IES Ferrol VelloFerrolA Coruña
IES Ricardo Carballo CaleroFerrolA Coruña
IES Saturnino MontojoFerrolA Coruña
IES Sofía CasanovaFerrolA Coruña
IES Fin do CamiñoFisterraA Coruña
CPI de Ponte CarreiraFradesA Coruña
IES Agra de LeborísLaracha, AA Coruña
CPI Plurilingüe Cabo da AreaLaxeA Coruña
IES Urbano LugrísMalpica de BergantiñosA Coruña
CPI Plurilingüe da PicotaMazaricosA Coruña
IES de MelideMelideA Coruña
CPI Plurilingüe Virxe da CelaMonferoA Coruña
IES As InsuasMurosA Coruña
IES As TelleirasNarónA Coruña
IES Terra de TrasancosNarónA Coruña
IES Xulián MagariñosNegreiraA Coruña
IES Campo de San AlbertoNoiaA Coruña
IES María CasaresOleirosA Coruña
IES MirafloresOleirosA Coruña
IES Nº 1OrdesA Coruña
IES Plurilingüe Maruxa MalloOrdesA Coruña
IES Macías o NamoradoPadrónA Coruña
IES da Pobra do CaramiñalPobra do Caramiñal, AA Coruña
IES Eduardo PondalPontecesoA Coruña
IES BreamoPontedeumeA Coruña
IES Fraga do EumePontedeumeA Coruña
IES Moncho ValcarcePontes de García Rodríguez, AsA Coruña
IES Plurilingüe Castro da UzPontes de García Rodríguez, AsA Coruña
IES Félix MurielRianxoA Coruña
IES LeliadouraRibeiraA Coruña
IES Nº 1RibeiraA Coruña
CPI Plurilingüe dos DicesRoisA Coruña
IES Isaac Díaz PardoSadaA Coruña
CPI de San SadurniñoSan SadurniñoA Coruña
IES Terra de XallasSanta CombaA Coruña
CEE A BarciaSantiago de CompostelaA Coruña
CIFP Politécnico de SantiagoSantiago de CompostelaA Coruña
EOI de Santiago de CompostelaSantiago de CompostelaA Coruña
IES A PontepedriñaSantiago de CompostelaA Coruña
IES Antonio Fraguas FraguasSantiago de CompostelaA Coruña
IES Arcebispo Xelmírez ISantiago de CompostelaA Coruña
IES Arcebispo Xelmírez IISantiago de CompostelaA Coruña
IES de SarSantiago de CompostelaA Coruña
IES Lamas de AbadeSantiago de CompostelaA Coruña
IES Plurilingüe Rosalía de CastroSantiago de CompostelaA Coruña
IES de CacheirasTeoA Coruña
CPI PecalamaTordoiaA Coruña
CPI Plurilingüe de Fonte-DíazTouroA Coruña
CPI de Viaño PequenoTrazoA Coruña
CPI de BembibreVal do DubraA Coruña
CPI Plurilingüe de VedraVedraA Coruña
IES Terra de SoneiraVimianzoA Coruña
CPI de ZasZasA Coruña
IES Maximino Romero de LemaZasA Coruña

Provincia de Lugo

CPI Luís Díaz MorenoBarallaLugoIES de BecerreáBecerreáLugoIES Monte CasteloBurelaLugoIES da Terra Chá, José Trapero PardoCastro de ReiLugoCPI Plurilingüe de CastroverdeCastroverdeLugoCPI de CervantesCervantesLugoIES Lama das QuendasChantadaLugoCPI Plurilingüe Virxe do MonteCospeitoLugoCPI Dr. López SuárezFriolLugoIES Poeta Díaz CastroGuitirizLugoCPI Plurilingüe Tino GrandíoGuntínLugoEOI de LugoLugoLugoIES Ánxel FoleLugoLugoIES Leiras PulpeiroLugoLugoIES Muralla RomanaLugoLugoIES Nosa Sra. dos Ollos GrandesLugoLugoIES SanxillaoLugoLugoIES Xoán MontesLugoLugoIES Pedregal de IrimiaMeiraLugoIES Plurilingüe San RosendoMondoñedoLugoEOI de Monforte de LemosMonforte de LemosLugoIES A PinguelaMonforte de LemosLugoIES Río CabeMonforte de LemosLugoIES de MonterrosoMonterrosoLugoCPI Plurilingüe de Navia de SuarnaNavia de SuarnaLugoIES do CamiñoPalas de ReiLugoIES FonmiñáPastoriza, ALugoIES Enrique MuruaisPontenova, ALugoIES de QuirogaQuirogaLugoCIFP Porta da AugaRibadeoLugoIES Xograr Afonso Gómez de SarriaSarriaLugoCPI Dr. López SuárezSaviñao, OLugoIES Lois Peña NovoVilalbaLugoIES Santiago Basanta SilvaVilalbaLugoEOI de Viveiro Luz Pozo GarzaViveiroLugoIES María SarmientoViveiroLugoIES Illa de SarónXoveLugo

Provincia de Ourense

IES de AllarizAllarizOurenseIES Aquis QuerquernisBandeOurenseIES Lauro OlmoBarco de Valdeorras, OOurenseCPI Virxe dos RemediosCastro CaldelasOurenseIES Celanova Celso Emilio FerreiroCelanovaOurenseCPI Antonio FaíldeColesOurenseCPI Terras de MasideMasideOurenseCIFP A Carballeira-Marcos ValcárcelOurenseOurenseCIFP PortovelloOurenseOurenseCPI Plurilingüe José García GarcíaOurenseOurenseEOI de OurenseOurenseOurenseIES 12 de OutubroOurenseOurenseIES As LagoasOurenseOurenseIES Julio Prieto NespereiraOurenseOurenseIES Universidade LaboralOurenseOurenseEPAPU de Pereiro de AguiarPereiro de Aguiar, OOurenseIES Xermán Ancochea QuevedoPobra de Trives, AOurenseIES O RibeiroRibadaviaOurenseIES Cosme López RodríguezRúa, AOurenseIES Castro de Baronceli          VerínOurenseIES Xesús Taboada ChiviteVerínOurenseIES Carlos CasaresViana do BoloOurenseIES de VilamarínVilamarínOurenseIES Cidade de AntioquíaXinzo de LimiaOurenseIES Lagoa de AntelaXinzo de LimiaOurense

Provincia de Pontevedra

Etiquetas