viernes. 19.04.2024

Trátase, ademais, dunha das accións para o sector cultural galego que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha ao abeiro do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia dos Fondos Next Generation EU, no marco do que esta mesma semana se resolverá a primeira convocatoria para a modernización e xestión sostible de infraestruturas de artes escénicas e musicais por un importe de máis de 1.210.000 euros.

A prioridade de Territorio Cultura é o reforzo do tecido cultural galego máis alá dos grandes núcleos urbanos a través de iniciativas que se desenvolvan do 1 de xaneiro de 2022 ao 31 de marzo de 2023 en concellos de non máis de 30.000 habitantes e cunha densidade máxima de 100 habitantes por km2. Subvencionaranse, entre outros, eventos e espectáculos nunha ampla variedade de manifestacións artísticas, proxectos que favorezan a experimentación, a investigación e a innovación cultural cunha concreción práctica no territorio, actividades relacionadas co patrimonio inmaterial en conexión coas tendencias contemporáneas e accións educativas e de mediación cultural.

Subvencións de ata o 80%

Poderán optar a estas axudas tanto persoas físicas ou xurídicas privadas (categoría 1) como concellos de ata 30.000 habitantes, coa devandita densidade máxima, ou as súas entidades dependentes (categoría 2). Para a primeira modalidade, o importe máximo da subvención será do 80% do proxecto, mentres que na segunda sitúase no 70%, cun límite en ambos casos de 50.000 euros por persoa ou entidade beneficiaria. Prevese así o financiamento de máis dunha ducia de propostas.

A finalidade de Territorio Cultura, á que deben responder os proxectos que opten a estas axudas, é reforzar e desenvolver as capacidades do sector cultural para acadar un tecido sólido máis alá dos grandes núcleos urbanos e contribuír, xa que logo, a incrementar a actividade cultural nas contornas rurais, entendida como un motor de cambio, dinamización e transformación social. Ao tempo, búscase activar procesos culturais nestas zonas que afonden nos vínculos individuais e sociais co territorio, ofrecendo novas oportunidades laborais, estables e de calidade, no eido cultural.

‘Territorio cultura’