jueves. 18.07.2024

Todas as cadeiras teñen unha historia. A historia de cada un dos centros, entidades e colectivos  que deron forma a VII  intervención Artística.

Historias reais, de superación, que falan da soidade, da braveza, do heroismo, de momentos tristes e outros  de maior  ledicia e nace con  dous obxectivos, afastar un  obxecto tan común  como é unha cadeira, do seu uso cotiá e darse así  un novo significado dentro do espazo. Unha idea de ir mais  alá de xeito que poidamos  convertir unha simple cadeira nun obxecto que active a nosa memoria- a través de  recordos e  experiencias- para espertar  as nosas  emocións e rachar co consumismo masivo, coa obsolencia programada  que crea  no comprador  a necesidade de renovar os productos  a pesares de que súa vida útil non rematara.

20240621_184737

"Intervención artistica na Rua " xa  tradicional realizase  co obxectivo de habitar e utilizar o espazo para crear conexións e favorecer encontros de convivencia  entre a cidanía, Xerar un  espazo de arte  público, con conciencia social,interactivo, participativo e progresista , convertindo  a arte  en axente social e como diálogo de realización colectiva.

A Porta do Sol, da cidade olívica  este  venres, 21 de xuño,   teceronse  relacións, aprendizaxes, complicidades  e colaboracións, poñendo en valor o potencial creativo e a diversidade social da contorna igoalmente dar  visibilidade  ás  diferentes  capacidades  e perpectivas  de  diversos grupos da  nosa sociedade.

Sentada na rua
Comentarios