viernes. 26.04.2024

O anexo da Sala Municipal de Exposicións, na Área Panorámica acolle até o sábado, 29 de febreiro, a mostra “As raigañas do Entroido” do fotógrafo Fernando Seadur.

Mañá mércores, 12

de febreiro, ás 10.30 h haberá unha visita guiada á mostra a cargo do propio

autor, xunto á concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente.

Nesta exposición

reúnese unha pequena escolma do amplo arquivo, integrado por máis de 80 mil

fotografías, sobre o Entroido galego realizadas por Fernando Seadur.

Fernando Seadur ten

percorrido durante anos cada recuncho de Galicia inmortalizando coa súa cámara

o Entroido máis rural e tradicional. Pero tamén ten fotografado romarías,

curros e outras tradicións.

Este fotógrafo é

natural da aldea de Seadur, no concello ourensán de Larouco, nome que emprega

coma apelido profesional, e na actualidade está afincado en Gondomar.

A mostra está

organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Tui, dependente da Concellería

de Ensino e Cultura do Concello de Tui.

A exposición pode visitarse de luns a venres de 9.30h a 14.00 h e de 15.30 a 21.00 horas, e os sábados de 9.30 a 14.00 horas. 

Seadur expón as fotografías de entroido na Área Panorámica