CANCELADO POR SITUACIÓN COVID: Que familia! de Atrezo Teatro na sala Rebullón

Atrezo Teatro presenta Que familia! este próximo domingo 30, na sala Rebullón.

Vivimos munha sociedade de xente 'prescindible', que son todos aqueles que non dan beneficios, e si son vellos? Ai, os vellos…!,lentos, torpes, dan traballo…e si aínda por riba quen ten que coidarte e a nora…xa verán xa!

Con Balbi Rodríguez como Carmen Marisa, Sueiro-Oitilia, Pedro Galocha-Manoliño, Alba Silva-Ana, Jessica Roade-Delfina, Miguel Vázquez-Paco, Damián Alonso-locutor. Ficha técnica: Andrés Tuñón, iluminación; Michael Cassidy, vídeo; Andrés Tuñón e Michael Cassidy, fotografía. Coa dramatuxia e dirección de Chelo Pampillón

Entrada de balde previa inscrición reservasrebullon@gmail.com