miércoles. 24.04.2024

“PIPEREGRINOS. As gaitas do Camiño” é un espectáculo musical itinerante, que resalta a importancia da gaita como instrumento representativo das culturas europeas ao tempo que invita aos espectadores a unha viaxe sonora a través das diferentes gaitas ibéricas, coas que representar o importante intercambio cultural que se produciu nos distintos camiños de peregrinación a Santiago.

- O audio das 8 representacións de PIPEREGRINOS serán gravado ao vivo co fin de seleccionar as mellores interpretacións dos artistas para a posterior do CD homónimo.

Trátase dun evento artístico que por primeira vez reúne no mesmo escenario a destacados gaiteiros da Península Ibérica cunha longa e recoñecida traxectoria artística profesional.  Un total de 6 artistas actúan en formacións trío e dúo , 17 músicos

PIPEREGRINOS é un espazo de difusión e posta en valor das diferentes gaitas ibéricas e dos seus repertorios nun formato actual achegado á música folk e dirixido a todos os públicos, no que tamén ten cabida o público especializado.

As datas van do 23-24/10 e 30-31/10 de 2021. Suman  8 representacións en dúas fins de semana (horario de mañán e tarde). O espectáculo está  dirixido a todos os públicos, cunha duración dunha  1 hora e  45 minutos (total cada representación)

O desenvolvemento do espectáculo: Artistas (15 min. actuación), o presentador intervén para cubrir os tempos durante os cambios de escenario. Para pechar o acto todos os artistas xuntos interpretan un tema galego intercalado con solos de cada un dos gaiteiros.

Localizacións en municipios das catro provincias polos que pasa o Camiño de Santiago:

23/10

12h Noia – Praza do Curro

19 h Mondoñedo – Auditorio Pascual Veiga

                               24/10

                                               12 h Ribadavia – Praza Maior

                                               18.30 h Vilanova de Arousa – Auditorio Valle-Inclán

                               30/10

                                               12 h Cee – Praza do Concello

                                               19 h Sarria – S.R. A Unión

                               31/10

                                               12 h Verín – Praza García Barbón

                                               18.30 h Mos – Auditorio de Torroso

               INTERVEÑEN:

1.            Francesc Sans, sac de gemecs – Cataluña

Manel Martorell, mandola

Titus Prats, percusión

2.            Adrián Gil, gaita de boto – Aragón

Alberto Navas, violín

Serchio Pardos, guitarra, percusión

3.            José Manuel Tejedor, gaita asturiana – Asturias

Richard García, teclado, melódica

Daniel Álvarez, bouzouki, bodhran

4.            Luis Antonio Pedraza, gaita sanabresa – Zamora

Carlos Beceiro, guitarra

Miguel Mateos, tambor sanabrés

5.            Tiago Morais, gaita mirandesa, gaita de sesimbra - Portugal

Tiago Marques, acordeón, cavaquinho

6.            Oscar Ibáñez, gaita galega – Galicia

Xosé Liz, bouzouki

Andrés Vilán, caixón

'PIPEREGRINOS. As gaitas do Camiño'