lunes. 09.12.2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe na presentación do volume Poemas de vida, de Pepe Montes, socio fundador de Feiraco e antigo presidente da cooperativa. No acto, o conselleiro destacou a contribución de Montes ao fortalecemento do tecido empresarial galego, no cal “reivindicou a lingua galega como unha parte fundamental desta actividade”. 

Respecto ao seu debut poético, no que lle desexou “a maior das fortunas”, Román Rodríguez salientou “a profundidade emocional e o regalo de pensamentos e sentimentos que Montes describe coas palabras máis precisas”. No acto tamén participaron, ademais do autor, Carme Varela, escritora e licenciada en Filoloxía Galega, quen escribiu a crítica sobre o libro, e Oliva Amorín, xornalista e nora de Pepe Montes.

Pepe Montes, socio fundador de Feiraco e antigo presidente, publica 'Poemas de vida'
Comentarios