lunes. 15.07.2024

On the Table, na Galería A3 do MARCO de Vigo

Virginia Frieyro, Monserrat Gómez Osuna, Din Matamoro, Teresa Moro, Sanra Rein e Luis Salaberría, traballaron sobre pezas de distintos formatos, interpretándoas e creado a súas propias coleccións.

De izda. a dcha. y de arriba abajo: Luis Salaberría, Miguel Fernández-Cid, Din Matamoro, Isidro Blasco, Montserrat Gómez Osuna, Virginia Frieyro, Teresa Moro.
De izda. a dcha. y de arriba abajo: Luis Salaberría, Miguel Fernández-Cid, Din Matamoro, Isidro Blasco, Montserrat Gómez Osuna, Virginia Frieyro, Teresa Moro.

On the Table  reúne un conxunto de pezas  de cerámica deseñadas  por Isidro Blasco e realizadas en fornos tradicionais, intervidas por seis artistas, un  proxecto que tivo  a súa orixe  en 2020 coa iniciativa  The Table Project.

O artista impulsado no citado ano, tras  o seu regreso de Nueva York, parte do encontro coa tradición artesá na que medrou o traballo de seus pais, os ceramistas  Arcadio Blasco e Carmen Perujo, fundadores  do mítico taller "La Mina" en Majadahonda, nos anos 60.

A primeira mostra xurdiu da idea de reproducir, os deseños  orixinais dunhas mesas dos anos cincuenta, co fin de habilitar a Casa-Taller Arcadio Blasco en Muyxamel (Alacante) e c onservar o seu legado. Durante o desenvolvemento do proxecto, púxose de manifesto o gran potencial do deseño e dos  procesos  de producción da cerámica tradicional en relación coas obras mías contemporáneas. Así, The Table Project, converteuse en punto de encontro entre  diferentes artistas, que reinterpretaban o deseño  orixinal e producían a súa propia peza. 

On the Table  reúne de novo un grupo de artistas en torno a cerámica, esta vez tomando como punto de partida a olaría. As formas  deseñadas por  Isidro Blasco, xunto ao torneado de Juan Carlos Fernández, oleiro de Puente del Arzobispo, pertencente a 6ª xeración de artesáns, ofrecen o mellor lenzo en branco  para que o artista interveña sobre unha serie de cerámicas diferentes na sús forma e tamaño, todas elas realizadas en barro vimbio e cocidas a 1.000º C con terminacións de esmaltados transparentes e opacos.

Virginia Fryeiro, experimente  coa abstracción, a cor e a repetición, de xeito que se van  tecendo na superficie. Monserrat Gómez, crea paisaxes con elementos  vexetais indefinidos, ornamentos orgánicos que se van intercalando con motivos  figurativos. Din Matamoro desliza o pincel cun só trazo sobre o soporto de cerámica, de pel pálida, lisa e fría, como un papel onde baila a man. Unha liña núa de cor negra percorre o baleiro, deixando atrás  ás veces unha cor luminosa. Traza  unha curva  e xorde unha representación.

Teresa Moro, explora e leva a cabo unha revisión dos autores da Modernidade en busca de detalles, deferenzas, e zonas  cunha vibración especial.

Sanra Rein,Partindo de variacións xeométricas, os seus elegantes deseños resultan en obras cerámicas de grande armonía en cores e formas.

Luis Salaberría, toma como base a  tradición popular chegando a  imaxes e personaxes fantásticos que quizais nos fagan remontar ás narrativas infantís.

Na Galería A3, Planta Blaixa , Museo de Arte Contemporánea de Vigo ata 15 setembro.

On the Table, na Galería A3 do MARCO de Vigo
Comentarios