Obras de Paco Santomé, en Ourense

Paco Santome y Antonio, de Dentalnova.
A clínica Dentalnova de Ourense acolle 'Sabor a Salitre', unha exposición do artista vigués Paco Santomé. A mostra, que busca humanizar a atención sanitaria, inclúe creacións de vangarda que falan da natureza e da identidade.

O artista vigués, con orixe en Bueu, Paco Santomé expón a súa obra na cidade das Burgas coa mostra de creación contemporánea 'Sabor a Salitre'. As súas creacións, marcadas por unha ollada limpa e sensorial, teñen un grande éxito en Ourense.

A exposición, cunha forte carga narrativa, é un conxunto de historias, paisaxes e emocións que falan do paso do tempo e da identidade. Antes de ser coñecido como político, Santomé desenvolveu unha obra íntima ligada á vangarda e á emoción directa.

Dentalnova, en Ourense.

A exposición, que inclúe obras como "I have a dream", "O mariscal", "O concerto" e "Vento na herba", pode visitarse na clínica Dentalnova (Rúa Concordia, 28 baixo). Este novo espazo en Ourense nace coa intención de humanizar a atención sanitaria e ofrecer unha experiencia diferente, onde tamén haxa lugar para a arte.

Segundo Antonio Justo, director da clínica, "este proxecto nace do convencemento de que o benestar tamén pasa por rodearse de beleza e de cultura". Dentalnova, que se converteu nun espazo expositivo accesible, moderno e luminoso, acollerá obras de distintos artistas ao longo do ano, entre eles o ourensán Xulio Fontes e a leonesa, residente en Vigo, Menchu Abril.