viernes. 26.04.2024

O cambio climático

Mañá xoves, 12 de maio, celebrarase unha nova sesión, ás 19.00 horas, de xeito online -o enlace obtense unha vez rexistrados na páxina web da Deputación-. Estará moderada pola vicepresidenta da RAGC e coordinadora do ciclo, Alicia Estévez.
Maria Loureiro, García é catedrática de Fundamentos de Análise Económica da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago e Académica Numeraria electa da RAGC.
Maria Loureiro, García é catedrática de Fundamentos de Análise Económica da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago e Académica Numeraria electa da RAGC.

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra promoven a terceira edición do “Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos”, unha actividade gratuíta destinada a espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica con repercusión social e impulsar o enorme labor científico levado a cabo en Galicia.

O ciclo consta de dous bloques, un primeiro con seis relatorios impartidos por oito recoñecidos expertos entre abril e xuño, e un segundo bloque con cinco conferencias dirixidas a institutos de Secundaria e Bacharelato durante o inicio do curso académico 2022-2023 -de setembro a decembro-.

Mañá xoves, 12 de maio, celebrarase unha nova sesión, ás 19:00 horas, de xeito online -o enlace obtense unha vez rexistrados na páxina web da Deputación-. Estará moderada pola vicepresidenta da RAGC e coordinadora do ciclo, Alicia Estévez.

A cidadanía ante as consecuencias económicas e sociais do cambio climático

María Loureiro García é catedrática de Fundamentos de Análise Económica da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago e Académica Numeraria electa da RAGC. Abordará o posicionamento da cidadanía ante o cambio climático, centrándose en particular nos aspectos de carácter socio-económico.

Tal como salienta a investigadora, “o cambio climático é un dos fenómenos máis globais e preocupantes aos que se ten que enfrontar o conxunto da sociedade no século XXI”. Na súa intervención, analizará como os sentimentos cara ao cambio climático se expresan e transmiten a nivel mundial, e como estes xeran posibilidades de aplicacións de políticas de mitigación e adaptación nos distintos continentes.

“En liñas xerais, atopamos que cada vez hai máis conciencia a escala global sobre a ocorrencia do cambio climático e as súas consecuencias económicas e sociais. Isto acontece de xeito especial en países que experimentaron recentemente eventos extremos” -sinala a experta-. A catedrática apunta que “para esta análise empregamos unha base de datos que contén máis de 100 millóns de rexistros de conversas en Twitter en todo o mundo  desde o ano 2019 ata a actualidade”.

Nesta charla María Loureiro incidirá no caso europeo, analizando de forma causal, con aplicacións empíricas micro-econométricas, como a transición enerxética e as súas consecuencias nos prezos da enerxía están a afectar á percepción sobre a necesidade da política climática.   

A inscrición para participar gratuitamente en todas as conferencias debe realizarse a través da web da Deputación de Pontevedra. Os participantes poderán solicitar un certificado de asistencia.

O cambio climático
Comentarios