viernes. 29.03.2024

Festaclown 2022, que un ano máis encherá Vilagarcía de risas e circo do 17 ao 21 de agosto. Ao acto de presentación do festival acudiron Jacobo Sutil, Director da AGADIC; Alberto Varela, Alcalde de Vilagarcía; Sonia Outón, Concelleira de Cultura; Nacho Fungueiriño, coordinador do Festaclown e realizouse tamén unha actuación final a cargo de Con Eles coa que os asistentes reivindicaron un contundente "Non ás guerras".

"Temos o pracer de anunciar que, unha vez máis, a vila converterase nunha carpa de circo que acollerá ás mellores compañías galegas, estatais e internacionais”, indicou Nacho Fungueiriño, coordinador deste festival que acollerá espectáculos de acrobacias, música, narración, clown e humor pensadas para todas as idades. Todas as actividades serán gratuitas, a entrada será libre e o programa pode consultarse en www.festaclown.gal

Coma sempre, as protagonistas do Festaclown Vilagarcía serán as mellores compañías galegas como Desastronauts, Fran Boza, Troula ou Dani García. Sen esquecer grandes nomes a nivel estatal e internacional como Cía Vaya, Entre Nous, Rojo Telón, Kanbahiota, Trotamundos, La Troupe Malabó ou Javier Ariza.

Ademais, haberá unha nova edición do Certame Festaclown, onde será o público de todas as idades quen escolla o seu espectáculo favorito. O público votará ao longo de todo o festival na procura do espectáculo mellor valorado.

Para ir quecendo motores, o día 13 haberá un concerto, ou mellor dito: un Desconcerto. A Banda de Música Municipal de Vilagarcía e Culturactiva Producións alíanse para ofrecer un espectáculo cómico sobre a música clásica.

Nova edición do Certame Festaclown
Comentarios