viernes. 03.05.2024

'A nosa arte' chega a Lugo

A Sede Afundación de Lugo acollerá mañá, xoves 9 de novembro, ás 19.00 h, a inauguración da exposición 'A nosa arte', que se poderá visitar ata o 27 de xaneiro de 2024. No acto estarán presentes o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez; o director xerente de Afundación, Pedro Otero; e María Victoria Carballo-Calero, comisaria.
Miguel Santalices. ARQUIVO.

A exposición está constituída por unha selección das máis de 300 pezas que conforman a Colección de Arte do Parlamento de Galicia, e conta tamén coa colaboración da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega de Belas Artes. Está comisariada por tres académicos da institución: a catedrática emérita de Historia da Arte e arquiveira-bibliotecaria da Academia, María Victoria Carballo-Calero; e os académicos da sección de Arqueoloxía e Museoloxía Felipe-Senén López Gómez e José Carlos Valle Pérez. Os tres foron os encargados de realizar a escolma das obras que se amosarán na exposición; a maior parte delas están a percorrer todas as cidades, mentres que arredor dunha cuarta parte van mudando en función da urbe na que se exhiben.

'A nosa arte' chega a Lugo
Comentarios