viernes. 26.04.2024

A danza volve a ser protagonista das citas de outono no Teatro Municipal de Tui. Este próximo venres ás 19.30h chega ‘Natanam’, da compañía Da. Te Danza. Nel, o baile é o punto de partida dun espectáculo no que dous intérpretes, dous amigos, se atopan nunha sala de xogos. Alí descobren que hai auga, lume, vento e terra ordeados e á súa entera disposición.

FOTO DA TE DANZA 1
María José Casado e Raúl Durán.

A obra, dirixida por Omar Meza e interpretada por María José Casado e Raúl Durán, é unha representación de danza contemporánea de 50 minutos para cativos e cativas de idades entre os 0 e os 6 anos. As entradas xa están dispoñibles en tui.gal a 4 e 3 euros e poden ser adquiridas ate media hora antes do inicio da función.

Da. Te Danza é unha compañía andaluza con máis de 20 anos de experiencias nos escenarios, exhibindo espectáculos de danza contemporánea e danza-teatro con obxectos dirixido a público infantil e xuvenil dende a primeira infancia ata a adolescencia. Con máis de 2.500 funcións realizadas, agora chega a Tui para mostrar unha obra que foi galardoada o pasado ano co premio Fetén polo acercamento á danza para a primeira infancia.

‘Natanam’, espectáculo de danza
Comentarios