O músico tudense, Fran Gómez, actuará ante milleiros de persoas no actual Estadio do Atlético de Madrid

actuará no Wanda Metropolitano formando parte da Rockin’1000. J. SANTOME.
Composta por 1000 músicos de todo o mundo, a Rockin’1000 aterrizará por primeira vez en España o día 3 de xuño cunha montaxe e unha posta en escena propia dunha gran banda de rock.

Natural de Rebordáns (Tui), este guitarrista e técnico de son actuará no Wanda Metropolitano formando parte da Rockin’1000, a maior banda de rock do planeta. Composta por 1000 músicos de todo o mundo, a Rockin’1000 aterrizará por primeira vez en España o día 3 de xuño cunha montaxe e unha posta en escena propia dunha gran banda de rock. Anteriormente pasaron por París, Milán, Río de Janeiro ou Bogotá, entre outras capitais mundiais.

Por outro lado, o 20 de maio, Fran tamén estará tocando coa Crazy Rock Band na Praza de Touros de Alcázar de San Juan, compartindo escenario con M-Clan, Yosi (Los Suaves), Iñaki Uoho (Platero y Tú, Extremoduro) e Carlos Escobedo (Sôber).