lunes. 14.10.2024

Pasea o can abeirando o Náutico de Vigo, mirando o mar, ladea os  xardíns da Praza de Compostela, alí onde esta o seu lugar predilecto para o atardecer, Café  Maracaibo. Moncho, naceu en Filgueira e con cinco ou seis anos, na súa casa, existían de métodos de música, non tardando moito xunto co seu irman, Manuel Novoa González xa fallecido, ir a Ribadavia, na última década dos anos cincuenta, 1958, 1959 e 1960  e asistir a clases de Música, na Academia Municipal, a carón da Fonte da Plata, no Casco Vello de Ribadavía.

Dirixía a Banda o clarinetista santanderino, don Pedro Iridio Ruiz. e o enterarse o Padre Silva, ofreceulle aos irmans, realizar unha xira co Circo Cidade dos Muchachos de Bemposta en Ourense.

E Moncho, integrouse  no clown Payasos ( Cofán, Taconillo e Moncho),  para unha xira por por España e Lourdes.

Logo formaou parte do Circo Price  de Madrid, o mais importante, ubicado na Praza do Rei, onde permaneceu cuatro anos, realizando citas nos principales espectáculos, Charlie Payasos  e convivindo no escenario con artistas de renome internacional, Charlie River, Mary Sampere, entre outros.

Con Circo Ruso, cada artista tiña súa música para o seu espectaculo e alí estivo ata que chegou a  hora de cumprir o Servicio Militar, sendo destinado en Parga , Lugo e Cuartel de Mérida, Ferrol, continuando coa música,  pois foi agregado a Banda Militar de Ferrol, primeiro papel solista, unha época que todolos militares tiñan orquestas de renome, Trebol, Player´s, J-5 e outras formacións que tocaban en todalas festas de Galicia e Asturias e inverno nas Salas de lado a lado, inclusive Portugal. 

O  licenciarse nos inicios da década dos anos setenta, inmediatamente, lle ofreceron traballo no Cabaret Fontoria, na cidade de Vigo, acompañando sempre de atraccións  en directo e tocando música de baile.

Tiempo que inicia actuacions por todalas Salas de Festas e Discotecas da época. En Nova Olimpia, en Vigo, acompañou a Raphael, Antonio Machín, Roberto Carlos, Massiel, Demi Roussos e lembra igualmente ao organista francés Lou Benet, o mesmo que facía os baixos  cos pies, o primero. Logo ofrecieronlle un contrato para Suiza e naquel momento, alá estuvo tocando nas  estacions de neve, seis meses, antes de chegar  a Alemania e Noruega.

Regresa a Vigo e integrase en Atalaya con Jorge, pianista; Pedro, guitarra; Ana e Ricardo (cantantes). Pepi Rana.

Logo con Siglo XX, cantaba, Xosé Luis Ribeiro; baixo, Xavier Calvera; guitarra, Benito Piñeiro; Xaime Vilas, pianísta; Eugenio Brillo, trompeta e Gil, batería.

Tráfico, despois..

 

Moncho, saxofonista de Filgueira (I)
Comentarios