miércoles. 09.10.2024

Mañá sábado 28 de setembro ás 19.30 o MARCO acolle a retransmisión en directo de Adriana Lecouvreur, de Francesco Cilea dende o Teatro Real de Madrid, na sala Galería A3, planta baixa, entrada libre ata completar a capacidade máxima da sala

Malia a súa gran popularidade, esta ópera nunca se presentara no escenario do Teatro Real. Estreada en Milán en 1902, preséntase no Real na xa clásica produción de David McVicar, que dende a súa estrea no Covent Garden de Londres en 2010, triunfou nos máis importantes teatros de todo o mundo. A produción é unha emotiva homenaxe ao mundo do teatro evocado dende dentro, en pleno Século das Luces, cunha brillante escenografía de Charles Edwards e un vestiario dieciochesco deseñado por Brigitte Reiffenstuel, que potencian o drama da célebre actriz protagonista. A función deste sábado, interpretada polo segundo reparto, será retransmitida en streaming en prazas, teatros, auditorios, museos e centros culturais de toda España no marco da Semana da Ópera.

O MARCO retransmite en directo a ópera Adriana Lecouvreur dende o Teatro Real de Madrid
Comentarios