viernes. 26.04.2024

Unha das grandes voces emerxentes do panorama musical galego. Cantora e compositora con ampla formación en técnica vocal e unha especial conexión co mundo lusófono.  O vindeiro xoves 9 de febreiro, Madalena Gamalho estará na Casa das Crechas, en Santiago de Compostela. 

Iniciou o seu percorrido musical no 2015, en formacións coma Nota Bene ou Os Meninos, actuando en Galiza e Portugal. Vocalista na actualidade tamén da banda jazz folk Laroá, o seu proxecto persoal foi recentemente finalista no Concurso Fran Pérez “Narf”, pola súa "calidade musical" e polo “coidado" da súa proposta.

O seu disco estrela, un álbum de estudo resultado da súa evolución vital e vocal dos últimos anos, e da sinerxia e amizade con Iván Barreiro. Un proxecto que integra letras e melodías que convidan a conmover, conectar e reflexionar sobre o ser, sobre a vida e as súas contradicións.

Unha reconciliación co amor e as emocións humanas, transmitidas a través dun universo sonoro de eclecticismo e atrevemento. Con 10 cancións: 6 de autoría propia, 3 poemas musicados e unha versión da canción “Teresa Torga” de José Afonso.


Madalena Gamalho: voz


Iván Barreiro: guitarra


Carlos Arévalo: batería


Iria Iglesias: teclas


Rafa Morales: baixo


Javier Pereiro “GDjazz": trompeta

Madalena Gamalho, na Casa das Crechas
Comentarios