martes. 04.11.2025

José Manuel López coñecido como 'Josele', Mestre do Grupo de Gaitas de  Canavelas de Matama, fixo historia ao convertirse no primeiro titulado en Máster de Interpretación en gaita.

A súa formación musical vai moito máis alá da gaita, xa que tamén posúe titulacións profesionais en clarinete e saxofón, ademais de formación en frauta de bico e dirección de Agrupacións Musicais.

A súa destreza como solista foi recoñecida en numerosos concursos de música tradicional, como o Memorial Villanueva e o Memorial Manuel Dopazo. A súa versatilidade lévano a colaborar habitualmente como solista con prestixiosas agrupacións musicais e intérpretes, entre os que destacan a Agrupación Instrumental Harmonía, a Banda Sinfónica de Galicia e as bandas de música de A Coruña, Santiago de Compostela, Santa Cruz de Tenerife, Madrid e Palma, así como cos cantantes Lorena Torres e Andrés Suárez.

Ademais da súa faceta interpretativa, "Josele" conta cunha ampla experiencia docente en diversos centros de formación musical, onde exerce como mestre de gaita, clarinete, saxofón, percusión tradicional, zanfona, pandereta, canto tradicional, coro tradicional, linguaxe musical e conxunto tradicional.

O seu coñecemento e criterio tamén o levaron a participar como xurado en diversos concursos de gaita, incluíndo o prestixioso Trophee MacCrimmon do Festival Interceltique de Lorient.

 

'Josele', mestre da gaita de Canavelas
Comentarios