sábado. 20.04.2024

José Barral presenta o seu libro 'Cruzados polos camiños. Conxeturas compostelás sobre un Papa ilustrado'

O libro relata unha serie de acontecementos ao longo do Camiño Francés ao fío da visita do Papa Bieito XVI a Santiago de Compostela no ano 2010. Sen apartarse do modelo de novela de intriga, o autor reflexiona sobre o fenómeno Xacobeo, a subsistencia da relixiosidade nunha sociedade secularizada e as expectativas políticas que se crean ao redor deste tipo de eventos.

 

 

O autor estivo acompañado por Xosé Hermida, xornalista e escritor; e Pilar Falcón, Académica da Academia Xacobea e presidenta do Club de Xornalistas Galegos en Madrid.
O autor estivo acompañado por Xosé Hermida, xornalista e escritor; e Pilar Falcón, Académica da Academia Xacobea e presidenta do Club de Xornalistas Galegos en Madrid.

O director da Casa de Galicia, Juan Serrano deu a benvida á última novela do baionés, José G. Barral Sánchez que presentou o seu libro “Cruzados polos camiños. Conxeturas compostelás sobre un Papa ilustrado” que é a última novela do baionés, José G. Barral Sánchez. Este é o terceiro libro do autor, que, ademais, resultou gañador no II Premio de novela Camiño de Santiago organizado pola Academia Xacobea.

O autor estivo acompañado por Xosé Hermida, xornalista e escritor; e Pilar Falcón, Académica da Academia Xacobea e presidenta do Club de Xornalistas Galegos en Madrid.

Serrano felicitou ao premiado “polo recibimento deste galardón literario na nosa lingua e polo resultado final dun relato ben contado, que nos achega a todos ao Camiño de Santiago e convida a aqueles que non o poidan percorrer a facelo a través destas páxinas e desde as súas casas”. Tamén fixo fincapé na necesidade “de seguir traballando na creación deste tipo de premios no ámbito literario, que estimulan a produción e a edición en galego”.

O libro relata unha serie de acontecementos ao longo do Camiño Francés ao fío da visita do Papa Bieito XVI a Santiago de Compostela no ano 2010. Sen apartarse do modelo de novela de intriga, o autor reflexiona sobre o fenómeno Xacobeo, a subsistencia da relixiosidade nunha sociedade secularizada e as expectativas políticas que se crean ao redor deste tipo de eventos.

A novela non pretende ser unha referencia ortodoxa sobre o fenómeno Xacobeo, senón unha visión pouco convencional do Camiño dentro da corrente literaria histórico-relixiosa imperante fai un par de lustros. Deste xeito, o argumento traslada ao lector a lugares significados do itinerario Francés na procura de probas e pistas que axuden a despexar incertezas e ameazas na visita do pontífice.

José Barral presenta o seu libro 'Cruzados polos camiños. Conxeturas compostelás sobre...
Comentarios