jueves. 18.07.2024

Indicios, xira ao redor de un só e único motivo: estados atmosféricos ou gasosos (nubes, fume, vapores...) que se presentan sen ningunha referencia espacial ou contexto. Para o artista,  Bosco Caride, este tema é unha afirmación da pintura e relaciónase coa grande tradición da paisaxe. Turner, Constable, por citar os pioneiros, que ao igual que xeracións posteriores e os impresionistas, inspiráronse nas nubes e descubriron nelas unha dimensión plástica. En efecto, o artista de Vigo, traballa coidadosamente estes “estados atmosféricos ou gasosos” en tanto que composición, veladuras, cor... á fin e ao cabo, como especulación formal ou pictórica, que é un dos aspectos máis sobresaíntes da súa obra.

Alcalde Abel Caballero, Director del Museo de Arte Contemporáneo MARCO, Fernandez-Cid, el artista Bosco Caride y otras autoridades, durante el acto de inauguración
El alcalde de Vigo, Abel Caballero, el director del Museo de Arte Contemporáneo MARCO, Fernández-Cid, y el artista Bosco Caride y otras autoridades, durante el acto de inauguración.

O título da exposición, Indicios, literalmente “sinal de algo”, “índice”, introduce a idea de “algo” máis ca un simple formalismo ou unha expresión abstracta. Este algo non é visible e está oculto no cadro –ou fóra del–, pero é a causa real do “fume”, que non é outra que a explosión, o drama, o conflito, a contaminación... En definitiva, existe unha dimensión simbólica, talvez política, que dá sentido e sobrevoa a obra de Bosco Caride.

Obra de Bosco Caride en el MARCO de Vigo
Obra de Bosco Caride, en el MARCO de Vigo

Trátase dunha obra aberta que posúe moitos niveis de lectura porque os seus “efectos atmosféricos ou gasosos”, como a noite ou as néboas do norte para os románticos, non son unha ausencia, senón unha produción de sentido: é o mundo da suxestión ou a chave da imaxinación. Pero por riba de todo, por esta mesma razón, Bosco Caride responde á idea da arte como contemplación. El identifícase cunha tradición contemporánea que, aínda que con diferentes sensibilidades, entende a pintura como reflexión, un espazo de silencio, un dialogo cara a cara coa obra de arte.

Obra Bosco Caride
Obra de Bosco Caride.

'Indicios', de Bosco Caride
Comentarios