domingo. 26.05.2024

Este venres volve a actividade ao Teatro Municipal de Tui con Magia en la manga e o seu espectáculo “A igualdade non ten truco”, unha función que avoga pola igualdade entre homes e mulleres no mundo da maxia.

Carlos Tomico Pérez e Sara Rodríguez Martínez conforman o elenco deste espectáculo de ilusionismo que busca promover a igualdade de xénero a través das vivencias de mulleres magas. Con diversión e maxia, “A igualdade non ten truco” transmite unha mensaxe esencial para a sociedade actual nunha función para todos os públicos.

A obra está recomendada a partir de 5 anos e ten unha duración de 60 minutos. As entradas están xa á venda en tui.gal aos prezos de 4 e 3 euros, este último coa tarifa reducida presentando o documento acreditativo de o carné xove,  carné de estudante, da Biblioteca de Tui, familia numerosa, carné de discapacidade, desemprego ou xubilación e menores de 12 anos.

'A igualdade non ten truco'
Comentarios