jueves. 18.07.2024

O marinense que tivo como berce, o Barrio de Cantodarea, xa se perfilaba un artista sendo novo, apostando pola música no Conxunto Los 5 Platinos e grupo que logo máis tarde, mudara  o nome por 'Os Xeixos',aqueles que decian ser os The Rolling Stons galegos. Subían o palco  impecablemente vestidos  con chaquetas  encarnadas e camisas con chorreras ou mesmo traxe branco e camisa negra, percorrendo de lado a lado a xeografía galaica, de festa en festa ou Salas de aquí e dacolá, compartillando palcos con outras afamadas orquestas galaicas de Marín ou Pontevdra, as que levaban a palma xunto coas de Coruña.

platinos1
Gabriel Barros.

Un dos temas preferidos de  Gabriel Barros "Mi tierra gallega" de Os Tamara  e igolamente do mesmo elenco musical de Prudencio Romo,  "A Santiago voy" ou  "Un beso y una flor" de Nino Bravo, sen esquecer a Antonio Machín.

platinos2

Detrás do vocalista, estaban outros músicos como Casto, nos teclados; Xosé de la Torre, clerinete, saxofonista e os que  hoxe xa non están, Xosé Eirin Fariña, batería; Roxelio  Manuel Pazos Freitas, máis coñecido com "Charneco", no baixo e Cholo Briones, trompeta.

Lembra a voz do grupo, que nunha actuación co Concelllo de O Rosal, na Liga de Amigos, onde ficara sen voz o camareiro da Entidade SocioCultural, recomendaralle, una "vaca verde", pensando Gabriel Barros que  lle estaban a gastar unha broma, máis cando lle serviron  un"pepermint" con leite quente , a cousa mudou, pois fora eficaz o remedio e voltou  a subir o palco cantando con naturalidade.

seixos1

Hoxe Gabriel Barros, esta inmerso noutra faceta  creativa que sempre cultivou paralelamente a música, a pintura igual que o inolvidable Eirín, sendo a súa primeira mostra no Asociación Santa Cecilia no ano 1998.

Súa  obra plástica foi contemplada  en Salas de Exposicións de A Estrada, Forcarei, Combarro, Casa da Cultura de Seixo e con grande suceso no Museo Manuel Torres de Marin, sempre  moi concurrido cando presenta a súa obra.

Dende a atalaia ou estudio na Rua Ezequiel Massoni de Marin,  cada día enfrentase as telas con temas mariñeiros, praias ou espazos circundantes como a Illa  de Tambo, as praias de Portocelo e Mogor, igoalmente  aparecen pontes medievais, así como espigueiros ou cruceiros que se espallan de lado a lado de Galicia.

O inesquecibles pintores coterráneos,opinaron do seu traballo plástico, Manuel Torres  "pinta como unha muller detallista"; Soneira, difiniuno como " o mellor que pinta as pedras" e Xosé  Eirin, considerabao como naifs.

Gabriel Barros, a voz dos The Rolling Stones galegos, Os Seixos
Comentarios