domingo. 28.04.2024

A exposición 'Luz na terra. O seminario de estudos galegos, unha institución de alta cultura' despídese do Museo Gaiás

A exposición Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos: unha institución de alta cultura despídese este domingo 7 de xaneiro do Museo Centro Gaiás, onde fora inaugurada a comezos do pasado mes de xullo. A mostra encadrouse nos actos cos que neste ano que vén de rematar se conmemorou o centenario da fundación do Seminario.
A mostra conmemora o centenario da fundación desta institución, grande impulsora da modernización cultural e científica de Galicia. ROCIO CIBES.

Comisariada polo historiador Ramón Villares, a exposición concibiuse como unha posta en valor dunha obra colectiva que, a comezos do pasado século, impulsou de xeito decisivo a modernización cultural e científica de Galicia e tamén a proxección exterior da nosa cultura, conectando con institucións análogas de España, Portugal, Bretaña, Irlanda, Reino Unido, Alemaña ou diversos países do continente americano.

A mostra conmemora o centenario da fundación desta institución, grande impulsora da modernización cultural e científica de Galicia. ROCIO CIBES.
A mostra conmemora o centenario da fundación desta institución, grande impulsora da modernización cultural e científica de Galicia. ROCIO CIBES.

A mostra amosa fotografías, publicacións, manuscritos, bosquexos debuxos... así como unha escolma de pezas singulares que nos permiten trazar a historia do Seminario de Estudos Galegos desde a súa mesma acta fundacional, obra coa que, precisamente, arrinca o percorrido expositivo.

COMISARIADO

Luz na Terra está comisariada por Ramón Villares, catedrático emérito de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, institución da que foi decano e reitor. Foi membro fundador e presidente da Asociación española de Historia Contemporánea, é Membro Numerario da Real Academia Galega e foi presidente do Consello da Cultura Galega.

Ademais, con motivo da exposición, editouse unha completa publicación, chamada a converterse nunha obra de referencia para afondar no estudo e historia da creación do Seminario de Estudos Galegos. A autoría dos seus textos compón unha galería de figuras protagonistas da comunidade científica e cultural da Galicia das últimas décadas, voces herdeiras e continuadoras da misión do Seminario. O catálogo pode adquirirse na tenda do Museo Centro Gaiás e tamén la Libraría Institucional da Xunta de Galicia.

A exposición 'Luz na terra. O seminario de estudos galegos, unha institución de alta...
Comentarios